|
O Concello de Amoeiro informa que existe a posibilidade de inscribir gratuitamente as vivendas do noso municipio no Rexistro de Vivendas en Venta e Aluguer do Concello de Amoeiro.
Esta ferramenta posibilita a difusión de información inmobiliaria de Amoeiro e está a dispor de todos os veciños e veciñas que así o soliciten.
A este respecto, pódese facilitar algunha fotografía ou plano da vivenda en cuestión e os seguinte datos descriptivos da mesma:
Superficie
Localización
Prezo ou Valor do Aluguer (OPCIONAL)
Teléfono de contacto
E-mail de contacto
Información adicional
Preferiblemente, estos datos deben entregarse en formato dixital ben no concello ou ben a través do enderezo electrónico municipal:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
 
|
|
|
O Concello de Amoeiro levará a cabo o devandito curso nas seguintes datas e horarios:
17, 19, 21, 24, 26 e 28 de outubro, de 17:00 a 20:30 horas
22 e 29 de outubro de 9:00 a 14:00 horas
Este curso, de grande interese en canto a coñecementos e oportunidades de emprego, está preferentemente orientado á persoas en situación de desemprego e incluirá no alumnado as persoas interesadas por rigoroso orde de inscrición no mesmo.
Será impartido por Hifas da Terra Consulting, organización que conta con grande experiencia e prestixo neste ámbito de coñecemento e desenvolvemento profesional.
Inscrición nos teléfonos 988 279 652 & 988 279 806

|
|
O pasado 28 de xullo entregáronse os premios da Mancomunidade Santa Águeda as mellores fotografías dos concellos de Amoeiro, Coles, A Peroxa e Vilamarín. O premio a mellor serie de fotografías dos catro concellos recaeu no noso traballador da Mancomunidade e veciño de Amoeiro Ramón Fernández. Por outra parte, o premio a mellor fotografía individual de Amoeiro concedeuse a realizada por Iria Diz no entorno do Pazo de San Damián, mentres que os galardonados polas mellores fotografías de Coles, A Peroxa e Vilamarín foron, respectivamente, Juan José Álvarez, Milagros Fernández e Héctor Guzmán.
Dende esta páxina queremos amosar a nosa gratitude ós fotografos de prestixio que colaboraron altruístamente como membros do xurado -Sres. D. Jesús Regal, D. Pablo Araújo e D. José Luís Fernández- e a Asociación de Fotografía "Potiños" sen a cal non houbera sido posible celebrar de xeito tan exitoso este evento fotográfico.
En vindeiras datas realizaranse exposicións físicas destas fermosas imaxes en Amoeiro e nos restantes concellos da Mancomunidade, no que se anuncia como o inicio dunha etapa na que a fotografía gañará protagonismo a través de novos concursos, así como de exposicións, cursos e outras actividades relacionadas con este arte visual.
Nesta noticia avánzanse algunhas das imaxes de Amoeiro que destacaron neste concurso.
Rafael Rodríguez Villarino
Alcalde de Amoeiro e Presidente da Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria Santa Águeda

Igrexa de San Pedro de Trasalba

Igrexa de Santiago de Parada

Pazo de San Damián de Abruciños

Cancela e candado no municipio de Amoeiro
|
|
|
O martes 4 de outubro comezan as clases dirixidas a facilitar a obtención do certificado en Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO) e Competencias Clave.
A partires desa data, as clases terán lugar nos seguintes días e horas:
Martes: de 16:00 a 17:30 horas
Xoves: de 18:00 a 19:30 horas
Máis información na Biblioteca Municipal ou no teléfono 988279652

|
|

O Concello de Amoeiro organiza, a través do seu voluntariado, e co co-financiamento da Consellería de Traballo e Benestar (Xunta de Galicia), esta gymkana dirixida a nenas e nenos entre 6 e 14 anos.
A gymkana celebrarase no Pazo de Deportes de Amoeiro o vindeiro mércores 12 de outubro ás 16:30 horas.
As inscricións deberán realizarse no casa consistorial ou a través do teléfono ou correo electrónicos municipais: 988281000 ou
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
Todas as rapazas e rapaces recibirán unha camiseta como agasallo pola súa participación e, ademais, entregaranse trofeos os cinco primeiros clasificados.
Co obxecto de encargar as camisetas axeitadas, deberase facilitar a talla das mesmas no momento de formalizarse a inscrición cuxo prazo remata o 30 de setembro. |
|
|
|
|
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 |
|
|