
| Mosteiro de Bóveda |
|
A comunidade de monxas alí establecida conformará un dominio territorial que se estendía polas parroquias dos Chaos de Amoeiro e tiña ademais posesións na ribeira do Miño e na vila de Chantada. Desta maneira, Bóveda, coa súa abadesa á cabeza, convirtiuse no mais poderoso dos señores durante trescentos anos. Ao final deste período a comunidade acabou anexionándose con outro convento, este masculino, anexión precedida por numerosos preitos e toma final do mosteiro polas armas; desta forma San Miguel de Bóveda pasou á historia medieval galega coma exemplo de conflictividade no século XV. |