GalegoEnglish
Publicidade nos medios municipais

O Concello de Amoeiro abre a posibilidade de incluir publicidade nos seus medios de comunicación. A este respecto, inclúense tanto os soportes en papel como os electrónicos e internet; en concreto, a futura publicación periódica do Programa CLARA, así como a xa existente denominada Novas do Concello de Amoeiro (NCA), reservarán espazo para contidos publicitarios; así mesmo, será posible difundir anuncios mediante os 16 paneis electrónicos de información municipal distribuídos ó longo da xeografía de Amoeiro: os situados nos núcleos de Amoeiro (2), Cornoces, Santabaia, Os Garabatos, Abruciños, Os Casares, Loureiro, Parada, Albeiros, A Bergueira, Bóveda, Trasalba, As Figueiras, A Povoanza e As Quintás.

 

Por último, tamén será posible empregar esta web para dar a coñecer mensaxes publicitarias, salientándose os seguintes datos de interese mercadotécnico: no último mes -de 14 de setembro a 14 de outubro- a páxina www.amoeiro.es recibiu un total de 879 visitas, realizadas por 500 visitantes únicos, observándose un total de 3.846 páxinas, con un promedio de 4,38 páxinas e 4:54 minutos de promedio por visita.

 

Para ampliar información sobre a posibilidade de incluír contidos publicitarios nos devanditos medios municipais deben dirixirse o teléfono 656 657 057 ou o mail Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

 

 

 
Banner
Banner
Banner