|
Con motivo do Día das Letras Galegas, que rende homenaxe este ano a Valentín Paz Andrade -ensaista, político galeguista, xurista, poeta, empresario e membro da Real Academia (Pontevedra, 1898; Vigo, 1987)- a Compañía "As Revoltosas" e as Pandereiteiras "Pandemeiga" encumiarán esta celebración na Casa da Cultura do Concello de Amoeiro.
Este acto festivo do Día 17 de maio realizarase ás 18:00 horas.
Anticipando as grazas a ambos colectivos artísticos amoeirenses, esta Corporación convida á veciñanza a participar activamente e gozar de tan singular e irrepetible evento.

|
|
O Concello de Amoeiro proporcionará información e posibles vías de actuación para orientar a aquelas persoas en posesión de participacións preferentes e obrigacións subordinadas que precisen destas axudas e así o soliciten.
Tal servizo é de carácter gratuíto, e desenvolverase na Casa Consistorial os venres entre as 18:00 e as 19:30 horas.
Neste horario e lugar tamén se atenderán necesidades de información referidas a outras cuestións do ámbito do consumo.

|
|
A extrema seca da que somos testemuñas durante este 2012, así como a maleza que inunda o noso medio rural e mesmo numerosas zonas urbanas, aumentan o risco de incendio e facilitan a propagación daqueles que se orixinan de modo indigno e delituoso por mor da actuación de incendiarios ou a causa de comportamentos temerarios ou descoidados.
A Lei recórdanolo, e a nosa moral impón, manter limpas de maleza as nosas propiedades co fin de evitar traxedias das que só nós seremos responsables.
Os recentes incendios das zonas de As Quintás-Afonsín-Abruciños e de Albeiros-Outeiro recórdannos a obriga de coidar a limpeza dos nosos terreos. Sexamos responsables para logo evitar lamentarnos.

|
|
|
Prégase información sobre cadela de pelo curto e raza yorkshire, extraviada no municipio de Amoeiro.
O animal responde ó nome de Nina.
Teléfonos de contacto: 659380156 e 9882796903.
Os propietarios ofrecen compensación económica.

|
|
Debido á extraordinaria situación de seca actual, prégase á veciñanza que proceda a un uso responsable e reducido do consumo de auga, coa finalidade de evitar restricións ou cortes de subministración.
A este respecto, os servizos de Aquagest informaron en días previos de niveis excepcionalmente elevados de consumo que ocasionaron varios avisos de niveis mínimos de auga nos depósitos muncipais.
Apelamos á sensibilidade dos veciños e veciñas de Amoeiro para evitar que se repitan tales excesos.
A auga é un ben escaso, o seu transporte aumenta os niveis de gasto enerxético e a contaminación ambiental, e é necesario tratala con produtos químicos para garantir a súa aptitude para o consumo humano. Por todo iso, consumir só a auga que se precisa, así como respectar as ordenanzas que prohiben o seu uso para regadío ou limpeza de automóbiles, son obrigas que todos debemos cumprir polo noso propio ben, o do noso contorno e o das xeracións futuras.

|
|
|
|
|
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 |
|
|