EspañolGalego
Pazo de San Damián


Encravado nunha finca urbana da parroquia de Abruciños, en plena terra cha de Amoeiro. Nos seus orixines chamouse Pousa de Cacabelos o Pazo da Costa e foi levantado por don Fernando de Boán, cura de Abruciños a finais do século XVI. É unha gran construcción que ten dúas partes ben diferenciadas, correspondentes a dous momentos distintos de edificación. A mais antiga do século XVII e a parte mais moderna e peor conservada, edificada no século XVIII que sufriu un incendio en 1786.

Na planta baixa existe unha cociña de planta rectangular con lareira. As demais habitacións se corresponden con dependencias agrícolas, bodegas e despensas, tendo todas entrada dende o patio por portas que se abren debaixo da solaina. O piso superior se ocupa cunha serie de salóns e dormitorios, ademais de cociña e servicios, todo elo de construcción recente pois o edificio restaurouse para hotel rural.

A construcción completase por una cheminea moi esvelta, de más de oito metros de altura e sección circular. A súa tipoloxía é bastante orixinal e recorda certos minaretes orientais. Debió construírse no século XVIII, quizá substituíndo a outra anterior.

O pazo conta con outras dependencias secundarias situadas na finca: a capela, moi posterior, con a data de construcción inscrita nela (1850); dous hórreos; o palomar, de tipo clásico circular e encalado; e a fonte, con mina propia, edificada, según consta, por Pedro Fernández de Boán no 1637.

 
Banner
Banner
Banner