EspañolGalego
Pazo de Cornoces


Propiedade privada que non se pode visitar. É unha vivenda señorial construída en espléndida sillería e cun destino de facenda agrícola e gandeira.

O Pazo, de orixinal planta, está organizado en torno a un patio de formas rectangulares. Unha cornixa moldurada percorre o edificio sobre o segundo piso. Hai tamén un garito de pedra con cuberta e un espléndido balcón con varanda de ferro.

O patio está rodeado en dous dos seus lados por una solaina en pedra con columnas que sosteñen a cuberta e balaústres de pedra ben traballados. Outros elementos anexos ao Pazo son a casa dos caseiros, o alpendre, una era empedrada e un hórreo de tres corpos e construído en pedra e madeira.

Quedo rematado coa construcción de unha capela, grande para o que se acostuma nos pazos. Unha lápida recorda a última propietaria desta casa, que a dono para asilo da caridade e que reza así : “ Dona Ramona Villar de Reinoso, última posuidora desta casa, fixo esta capela e asilo da caridade. Ano 1882.”

 
Banner
Banner
Banner