EspañolGalego
Historia de Amoeiro

Amoeiro, concello español da provincia de Ourense, da comunidade autónoma de Galicia.

DATOS DE INTERÉS :
Poboación: 2371 habitantes
Superficie : 39,70 km2
Altitude : 440 mts
Latitude: 42º 25’ N Lonxitude : 007º 57’ O
Xentilicio de Amoeiro: amoeirés, amoeiresa

O territorio divídese en oito parroquias da diocese de Ourense e do arciprestazgo dos Chaos de Amoeiro, que son as seguintes:

Abruciños (San Xoán), Amoeiro (Santa María), Bóveda (San Paio), Cornoces (San Martiño), Fontefría (Santa Mariña), Parada (Santiago), Rouzós (San Cibrao), Trasalba (San Pedro).

 

Ao ascender dende Ourense cara o noroeste, seguindo o camiño real antigo que leva a Compostela por Oseira, chegamos a Amoeiro, onde sorprende a armonía da paixase con variados elementos da cultura tradicional, entre os que destacan o paso de peregrinacións a Santiago a través da Vía da Prata, coas infraestructuras propias da modernidade, gracias ás obras do tren de Alta Velocidade e da autopista que atravesa o seu solo, experimentando unha sensación de reencontro coa natureza e coas raíces culturais deste concello.

Posúe unhas características xeográficas moi singulares, que o converten nunha das comarcas máis senlleiras de toda Galicia. En xeral, trátase dun terreo chan e fértil, cunha paisaxe homoxénea de piñeiros e eucaliptos. Conta cun dos maiores cotos de caza de Galicia, onde se poden ver xabarís, corzos, coellos, perdices... e cunha zona de pesca no río Barbantiño, onde se atopa a fermosa paraxe natural da Fervenza do Cachón, na parroquia de Parada.

Amoeiro aséntase na meseta coñecida como Os Chaos, situada ao Noroeste do val do río Miño. Limita ao este co concello de Coles, ao Norte co de Vilamarín e San Cristovo de Cea, ao Sur coa capital da provincia (Ourense) e Punxín, e ao Oeste co concello de Maside.

Restos atopados no territorio de Amoeiro, dan constancia de asentamentos xa na época prerromana e romana, fiel reflexo da existencia no pasado de vilas e camiños romanos, así coma de restos de cultura celta e castrexa.

Entre os vestixios desta última cultura existen interesantes achados de petroglifos na parroquia de Trasalba, no lugar coñecido como A Ferradura, testemuña dunha serie de posibles rituais de investidura (pedra da investidura) na Idade de Ferro; restos de abundante cerámica e estructuras arquitectónicas no Coto de Castro e o de Marmán; petroglifos no castro de Zarra e un moi singular no abrigo do Raposo. Tamén no pobo do Formigueiro hai restos dun castelo medieval, asentado sobre un castro, do que quedan vestixios en diversas casas e na igrexa do lugar. Este xacemento medieval do castelo do Formigueiro era coñecido primitivamente co nome de Alba de Búbal (de onde derivaría o topónimo Trasalba), e existe polo menos dende o século XI. Segundo a Gran Enciclopedia de Galicia, en 1809 a xente dos Chaos salvou o seu gando da requisa dos franceses escondéndoos nos abovedados soterrados do castelo.

Tamén é de subliñar a pedra celta decorada, que parece foi colocada no lavadoiro de Fontefría durante unha restauración realizada en época franquista. Moi cerca, na capela do San Xiao, dúas pedras decoradas que proverían dun habitáculo castrexo cercan, foron utilizadas para a construcción dos seus muros.

Pertenceu a señoríos coma o da Casa de Vilamarín e estivo incluído entre as enormes posesións do Mosteiro cisterciense de Oseira. Tivo gran producción de gran e pan de trigo, que abastecía ao mercado de Ribadavia, de onde traían o viño.

Está marcado por numerosas mostras de arquitectura civil e relixiosa que enriquecen o seu atractivo paisaxístico. Entre elas un grupo de edificios relixiosos do século XII con un característico románico rural: as igrexas de San Martiño de Cornoces, levantada sobre penas; Santa María de Amoeiro; Santiago de Parada y Santa Mariña de Fontefría (no seu atrio foi descuberto un sarcófago de granito anterior o século XI); e os mosteiros como o de Bóveda (o primeiro do Cister creado en Galicia, arredor de 116); o de Cornoces e o de San Damián.

En construccións civís, destacan casas de ricos e ilustres nobres coma a dos Mirandas (parroquia de Parada), Coto Martín (Bóveda), Reinoso (Cornoces), San Damián (Abruciños), Gayón (Amoeiro) e o quizá mais coñecido polas súas connotacións literarias como é a casa de Cima de Vila en Trasalba, onde viviu D. Ramón Otero Pedraio, célebre escritor ourensá, membro mais sobresaínte da xeración NÓS. Non debemos esquecer a ponte de San Fiz sobre o río Barbantiño, que une os concellos de Amoeiro e Maside, por onde pasaba o camiño real de Ourense cara Pontevedra, ou o forno comunal de Sabariz, de gran valor etnográfico.

As festas patronais celébranse por parroquias : Parada do 24 ao 26 de xullo; Amoeiro, o 15 e o 16 de agosto; Trasalba do 23 ao 25 de agosto; Cornoces os días 27 e 28 de agosto; e Abruciños do 29 ao 30 de agosto.

 
Banner
Banner
Banner