|
Próximo Fin do Prazo para Legalizar Vivendas Fóra de Ordenación |
|
Tuesday, 07 February 2012 14:37 |
|
BANDO
Próxima finalización do prazo para legalizar vivendas en situación de fóra de ordenación municipal
LÉMBRASE a tódolos interesados e interesadas que o próximo día 20 de abril de 2012 remata o prazo para que aquelas edificacións realizadas sen licenza e totalmente rematadas antes do 1 de xaneiro de 2003 que non foron obxecto de medidas de restauración urbanística ou medioambiental, podan incorporarse ó patrimonio do seu titular en situación de fóra de ordenación total segundo o disposto na disposición transitoria terceira da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia e na instrución 2/2011, do 12 de abril da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
O Alcalde

|
|
Entroido de Parada de Amoeiro 2012 |
|
Thursday, 02 February 2012 10:20 |
|
O Domingo 19 de febreiro comezan, co percorrido das carrozas e a charanga "Cubalibre" polos pobos
de Amoeiro, os actos do "Entroido de Parada de Amoeiro 2012". Os festexos durarán ata o "Enterro
da Sardiña" do mércores 22, e o Concello de Amoeiro anima a toda a veciñanza a participar nun
acontecemento tan lúdico, célebre e ancestral no noso municipio como solicitado nos concellos
veciños de Maside e Cea, que tamén coñecen e aclaman a simpatía dos amoeirenses e se
contaxian da súa ledicia. Esa é a imaxe dun municipio animado, creativo e esforzado no que
se reflicte o sacrificado e xeneroso traballo de construción de carrozas e disfraces de tantas persoas.
A todos e a todas, MOITAS GRAZAS, ÁNIMO E A AMOSAR, CON ORGULLO, A ESTAMPA DO NOSO
NOBRE MUNICIPIO.
De seguido, presentase o cartel xenérico do entroido e os referidos ós percorridos, actuacións musicais
e enterro da sardiña





|
|
Obradoiro sobre Saúde Ambiental |
|
Wednesday, 25 January 2012 12:16 |
|
OBRADOIRO SOBRE SAÚDE AMBIENTAL
Casa de Cultura do Concello de Amoeiro
Programa:
Luns 27 de febreiro. Introdución á saúde ambiental (19:00-21:00 horas)
Mércores 29 de febreiro. Ciclo da auga: depuradoras e aforro de auga (19:00-21:00 horas)
Xoves 1 de marzo. Plagas urbáns: tipos e solucións (19:00-21:00 horas)
Sábado 3 de marzo. Recliclaxe de RSU en España e Europa (09:00-14:00 horas)
Luns 5 de marzo. Desinfeción de explotacións gandeiras (19:00-21:00 horas)
Martes 6 de marzo. Manipulación de alimentos (19:00-21:00 horas)
Dirixido a:
- Estudantes da U.N.E.D.
- Diplomados e licenciados universitarios
- Interesados en xeral, e particularmente aqueles orientados a traballar no eido do medio ambiente, en explotacións agrogandeiras ou na hostelería.
Duración: 10 horas
Solicitado 1 crédito de libre elección (0,5 ECTS) para estudantes da U.N.E.D., resultando tamén de interese para ocupacións relacionadas co medio ambiente e as explotacións agrogandeiras, así como para obter a titulación de Formación en Materia Alimentaria (antiguo "Carné de Manipulador de Alimentos).
Prezo da matrícula: 10 € (Prazas limitadas: máx. 30)
Data límite de inscrición: 24 de febreiro de 2012
Información e programa:
www.uned.es/ca-ourense e oficinas do Concello de Amoeiro
Teléfonos de contacto: 988 37 14 44 & 988 28 10 00
E-mail:
This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it
Máis información nos trípiticos seguintes:


|
|
Carta da Asociación Española Contra ó Cancro (AECC) |
|
Friday, 20 January 2012 14:14 |
|
O Concello de Amoeiro hónrase en trasladar a súa gratitude e recoñecemento á veciñanza e as persoas que asistiron ao funeral de D. Benjamín Ogando Rodríguez, e contribuíron cos seus donativos anónimos a que a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) siga a desenvolver a súa indispensable función de información e apoio a enfermos e familias, así como de prevención e apoio a investigación dunha enfermidade que afecta a tantas persoas da sociedade no seu conxunto. Este concello manifesta tamén a súa admiración e apoio ós familiares de D. Benjamín por sementar unha idea tan solidaria en momentos de intenso dolor. A TODOS E TODAS, MOITAS GRAZAS.

|
|
Teatro de Mandrás na Casa de Cultura |
|
Thursday, 19 January 2012 12:48 |
|
O Vindeiro domingo, 29 de xaneiro de 2012, ás 16:00 horas a Compañía de Teatro "Os Remexidos" de Mandrás escenificará a obra titulada "Unha taberna para o ceo" na Casa de Cultura. O Concello convida a toda a veciñanza a acudir a representación da devandita obra, que é desenvolvida de xeito altruísta e entusiasta por esta novel, animada e veciña organización amateur.

|
|
Premios do Concurso de Postais de Nadal 2011 |
|
Wednesday, 18 January 2012 13:33 |
|
A continuación, preséntanse as postais premiadas no "Concurso de Postais de Nadal" celebrado en decembro de 2012.
Os premiados na Categoría A (entre 3 e 6 anos) foron:
Primeiro Premio: postal titulada "Un Nadal Moi Frío", obra de Laura Doval Fernández
Segundo Premio: postal titulada "A Porta do 2012", obra de Lucía Ucha González
Terceiro Premio: postal titulada "Paisaxes de Nadal", obra de Nerea Álvarez Crespo
Os premiados na Categoría B (entre 7 e 12 anos) foron:
Primeiro Premio: postal titulada "O Moneco de Neve", obra de Pablo Castro Suárez
Segundo Premio: postal titulada "O Amarelo e a Luz", obra de Rita Vázquez González
Terceiro Premio: postal titulada "Navidades Máxicas", obra de Martín Pérez Reñones
Moitas grazas a todos os cativos e cativas do CEIP Ramón Otero Pedrayo de Amoeiro que participaron con tanta ilusión, e disculpas a todos e todas pola demora nesta publicación e na re-entrega de postais os e as autores/as. Todas as postais están a dispor para recollerse na Biblioteca Municipal.
De seguido, amósanse, esquemáticamente, as postais gañadoras (non resulta operativo inscribilas todas nesta páxina por cuestións de espazo na web, o cal non significa que sexan menos valiosas).


|
|
Tuesday, 10 January 2012 00:00 |
|

OFERTAS DE EMPREGO:
Servizo Público de Emprego: http://traballo.xunta.es/portada-emprego
-
-
12/2011/13991.
NECESÍTANSE EMPREGADOS/AS ADMINISTRATIVOS CON FORMACIÓN MÍNIMA DE FPII OU CICLO SUPERIOR DA RAMA DE ADMINISTRACIÓN, DOMINIO DE INGLÉS E FRANCÉS E PERMISO DE CONDUCIR
-
12/2011/14048
NECESÍTASE MECÁNICO/A DE MENTEMENTO E REPARACIÓN DE AUTOMOCIÓN, CICLO SUPERIOR DE AUTOMOCIÓN E PERMISO DE CONDUCIR B e C1.
-
12/2011/14346
NECESÍTASE EMPREGADO/A ADMINISTRATIVO DE CONTABILIDADE CON EXPERIENCIA. LICENCIATURA EN ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS. PERMISO DE CONDUCIR.
|
|
Monday, 09 January 2012 09:17 |
|

|
|
Teatro de Reis na Casa de Cultura |
|
Monday, 02 January 2012 13:55 |
|
O vindeiro día de Reis, ás 6 da tarde, a Plataforma Independente de Teatro de Amoeiro (PITA) deleitaranos con dúas novas representacións. Ademáis, haberá, entre outras novidades, unha sorpresa da xuventude. Aproveitemos esta nova oportunidade de disfrutar do teatro en Amoeiro.

|
|
Festa de Aninovo na Casa de Cultura |
|
Monday, 26 December 2011 12:03 |
|
O Concello de Amoeiro convida á veciñanza á Festa de Fin de Ano 2011 que organiza a Comisión de Festas de Parada na Casa de Cultura de Amoeiro. A festa iniciarase a partires da una da madrugada de 2012, estará amenizada polo Trío Stilo e inclúe, así mesmo, o sorteo dunha Cesta de Nadal, que se celebrará as 04:00 horas. Felices Festas e Ilusionante Aninovo para todos.

|
|
|