Inscrición no Rexistro de Vivendas en Venda e Aluguer do Concello de Amoeiro

O Concello de Amoeiro informa que existe a posibilidade de inscribir gratuitamente as vivendas do noso municipio no Rexistro de Vivendas en Venta e Aluguer do Concello de Amoeiro.   Esta ferramenta ...

Publicidade nos medios municipais

O Concello de Amoeiro abre a posibilidade de incluir publicidade nos seus medios de comunicación. A este respecto, inclúense tanto os soportes en papel como os electrónicos e internet; en concreto, a ...

Curso de Bailes de Salón

Enviar O Concello de Amoeiro informa da apertura de prazo para realizar a pre-inscrición no Curso de Bailes de Salón.   As persoas interesadas en participar no devandito curso poderán realizar a ...

Carta da Asociación Española Contra ó Cancro (AECC)

O Concello de Amoeiro hónrase en trasladar a súa gratitude e recoñecemento á veciñanza e as persoas que asistiron ao funeral de D. Benjamín Ogando Rodríguez, e contribuíron cos seus donativos anónimos...

Obradoiro sobre Saúde Ambiental

OBRADOIRO SOBRE SAÚDE AMBIENTAL   Casa de Cultura do Concello de Amoeiro     Programa:   Luns 27 de febreiro. Introdución á saúde ambiental (19:00-21:00 horas) Mércores 29 de febreiro. Ciclo d...

Entroido de Parada de Amoeiro 2012

O Domingo 19 de febreiro comezan, co percorrido das carrozas e a charanga "Cubalibre" polos pobos de Amoeiro, os actos do "Entroido de Parada de Amoeiro 2012". Os festexos durarán ata o "Enterro da ...

Próximo Fin do Prazo para Legalizar Vivendas Fóra de Ordenación

BANDO     Próxima finalización do prazo para legalizar vivendas en situación de fóra de ordenación municipal   LÉMBRASE a tódolos interesados e interesadas que o próximo día 20 de abril de 2012 r...

Presupostos Municipais 2012

  PRESUPOSTOS MUNICIPAIS 2012   Contención, Rigor, Equilibrio, Mantemento e Innovación   Co obxecto de materializar a Política de Transparencia Municipal, preséntanse a continuacións os Presupo...

O Entroido de Parada de Amoeiro 2012 en Imaxes

Cando está a piques de rematar o Entroido de Parada de Amoeiro 2012, o Concello de Amoeiro quere transmitir o seu recoñecemento e rendida admiración á Comisión, a todas as persoas que colaboraron na o...

Máis Imaxes do Entroido de Parada 2012

Todas as fotos que amosemos sempre serán insuficientes; aínda así, engadimos as seguintes como pequeno homenaxe a tantas persoas que contribuiron a un entroido que non poderemos esquecer.      ...

  • Inscrición no Rexistro de Vivendas en Venda e Aluguer do Concello de Amoeiro

    Tuesday, 04 October 2011 12:45
  • Publicidade nos medios municipais

    Friday, 14 October 2011 21:20
  • Curso de Bailes de Salón

    Monday, 31 October 2011 13:30
  • Carta da Asociación Española Contra ó Cancro (AECC)

    Friday, 20 January 2012 14:14
  • Obradoiro sobre Saúde Ambiental

    Wednesday, 25 January 2012 12:16
  • Entroido de Parada de Amoeiro 2012

    Thursday, 02 February 2012 10:20
  • Próximo Fin do Prazo para Legalizar Vivendas Fóra de Ordenación

    Tuesday, 07 February 2012 14:37
  • Presupostos Municipais 2012

    Thursday, 09 February 2012 12:11
  • O Entroido de Parada de Amoeiro 2012 en Imaxes

    Wednesday, 22 February 2012 11:29
  • Máis Imaxes do Entroido de Parada 2012

    Wednesday, 22 February 2012 19:30
EspañolGalego
Máis Imaxes do Entroido de Parada 2012
Wednesday, 22 February 2012 19:30

Todas as fotos que amosemos sempre serán insuficientes; aínda así, engadimos as seguintes como pequeno homenaxe a tantas persoas que contribuiron a un entroido que non poderemos esquecer.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
O Entroido de Parada de Amoeiro 2012 en Imaxes
Wednesday, 22 February 2012 11:29

Cando está a piques de rematar o Entroido de Parada de Amoeiro 2012, o Concello de Amoeiro quere transmitir o seu recoñecemento e rendida admiración á Comisión, a todas as persoas que colaboraron na organización, as que formaron parte das carrozas e desfiles, así como as que contribuiron coas mesas e participaron neste magnífico evento. Moitas grazas, e ánimo para a nova comisión a que xa lle queda un día menos para o Entroido de Parada de Amoeiro 2013.

 

De seguido, amósanse unhas breves instantáneas ou imaxes do Entroido que tamén aparecen nas Pantallas Electrónicas de Información Municipal. As persoas interesadas en difundir máis imaxes deste entroido a través desta web ou das anteditas pantallas só teñen que porse en contacto coa Alcaldía para materializar o seu propósito.

 

 

 

 

 

 

 

 

 
Presupostos Municipais 2012
Thursday, 09 February 2012 12:11

 

PRESUPOSTOS MUNICIPAIS 2012

 


Contención, Rigor, Equilibrio, Mantemento e Innovación

 


Co obxecto de materializar a Política de Transparencia Municipal, preséntanse a continuacións os Presupostos correspondentes ao exercicio de 2012, que foron aprobados en Sesión Plenaria celebrada o pasado 27 de xaneiro do ano en curso.

 

O total dos presupostos ascende a 1.185.000 euros, que resultan case un 10% inferiores ós do ano 2011, cun descenso neto de 120.000 euros (que é a distancia respecto dos 1.305.000 euros do ano pasado). Este descenso lévase a cabo nun estado de contas con excelente equilibrio orzamentario, que permite dar cobertura as facturas de provedores e mesmo a reducir a xa de por si baixa débeda viva do municipio (a causada por créditos pendentes de pago, que se arrastran dende 1994), que se sitúa en torno a un 6%.

 

A pesares do estado satisfactorio de contas, o grupo de goberno considera preciso reducir partidas de gastos e realizar estimacións axustadas nos presupostos municipais para impedir futuras desviacións causadas pola complexa situación socioeconómica na que están inmersas as economías occidentais e, en particular, España, Galicia e Ourense.

 

 


REDUCIÓN DE GASTOS

 

No referente as reducións de gastos, a máis importante corresponde ao capítulo de persoal, que pasa de 537.725,34 euros en 2011 a 390.037,31 euros no presuposto corrente (descenso de 147.688, 03 euros).

 

A nivel global, as restantes partidas mantéñense igual ou experimentan leves aumentos. As que conservan presuposto son: gastos de financiamento (4.000 euros) e pasivos de financiamento (25.006 euros); por outra banda, increméntase lixeiramente o epígrafe de gasto corrente (que crece dende 463.337,06 euros en 2011 ata 479.026,68 euros en 2012; aumento de 15.689,62 euros) xustificándose en dúas razóns: a) a necesidade de axustarse a desequilibrios de partidas acontecidas en anos anteriores (que fixeron preciso realizar modificacións de créditos) e a estimación dun aumento de gasto en subministracións e obras a realizar polo concello durante o 2012; finalmente, tamén crece lixeiramente a partida de gastos destinada a inversións reais, que ascende dende os 87.752,10 euros de 2011 aos 92.300 euros de 2012 (incremento de 4.547,9 euros).

 

En suma, o presuposto de gastos de 2012, a pesares da notable redución practicada no apartado de persoal, mantén e incluso eleva a posibilidade de obrar, realizar  subministracións e practicar inversións municipais, deseñando unha asignación óptima de recursos.

MENOS INGRESOS

 

En canto aos ingresos, o presuposto de 2012 prevé diminución ou estabilidade na práctica totalidade das partidas.

 

Entre as partidas con maior diminución atópase a referida ós ingresos que proceden da Xunta de Galicia, que se reduce de 313.440,66 en 2011 a 235.560 en 2012 (decae en 77.880,66 euros) debido aos descensos no eido de subvencións que concede o ente autonómico. Tamén decrece ó ingreso por transferencia corrente da Deputación debido a que este ente provincial tamén reduciu a súa contribución ós Plans Provinciais, a cal pase de 9.600 euros en 2011 a 6.520 euros en 2012, obrigando a que os municipios destinemos máis fondos propios á realización das obras co-financiadas con fondos europeos, estatais e provinciais. En canto á previsión de ingresos procedentes do estado, o presuposto mantén idéntica cantidade a de 2011 -307.174,44 euros-, posto que o presuposto estatal de 2011 está prorrogado, si ben é posible que o novo presuposto previsto para o mes de marzo ocasione minguas nesta previsión, o cal obrigaría a realizar un axuste á baixa dos orzamentos municipais.

 

Outros ingresos nos que tamén se anticipan descensos son os oito seguintes: a) o de actividades económicas, que pasa dos 11.000 euros previstos en 2011 a 4.000 euros no exercicio actual, que parece unha cifra máis realista á luz do recadado ó ano anterior (descenso de 7.000 euros); b) o de servizos deportivos pola mesma razón –axuste ao recadado en 2011- descende desde os 4.000 euros estimados en 2011 aos 1.000 estimados en 2012; c) o Imposto de Bens Inmobles (IBI) de urbana, xa que a previsión de 268.018,43 euros de 2011 resultou excesiva, sendo máis realista a de 255.000 euros anticipada para 2012; d) o referido ao imposto sobre construcións, instalacións e obras que decae de 35.000 euros en 2011 a 25.000 euros en 2012 (mingua de 10.000 euros), xa que se espera un descenso da actividade construtiva; e) o relativo ao servizo de recollida de lixo, polo número de baixas de domicilios solicitada e concedida por inhabitabilidade (decae en 2.000 euros; isto é, de 85.000 euros en 2011 a 83.000 euros en 2012); e) o correspondente a axuda no fogar, avanzándose –por mor da redución de casos- que baixe dos 12.000 euros de 2011 a 8.000 euros en 2012; f) o correspondente á taxa por expedición de documentos, que se axusta en 2012 o recadado en 2011 (que foi de 3.200 euros) e non á estimación realizada (que foi de 5.600 euros); g) a cifra correspondente a ingresos diversos tamén se reduce dende os 4.408,57 euros de 2011 ata 674,39 euros en 2012, coa finalidade de realizar estimacións contidas do gasto; h) finalmente, desaparece en 2012 o ingreso obtido mediante limpeza de solares, debido a que só se ingresaron 600 dos 2.500 euros presupostados en 2011, considerándose que este baixo ingreso, así como as potenciais avarías, a mingua de atención aos viarios públicos e a competencia ao eido privado non xustifican o mantemento deste servizo.

 

Por outra banda, só se anticipan aumentos nos seguintes capítulos de ingresos: a) Servizo de Abastecemento de Auga, que crece en 9.000 euros (de 35.000 euros en 2011 a 44.000 en 2012) debido a un maior control de conexións ilegais;  b) Servizo de saneamento, que é superior en 500 euros (diferenza entre os 100 euros de 2011 e os 600 previstos para 2012), debido tamén a un maior control municipal; c) por último, o Imposto de Bens Inmobles de rústica (IBI), que se incrementa en arredor de 1.000 euros respecto a 2011 (aumento dende 22.953,74 a 23.900 euros) por mor da actualización de prezos.

 

No resto dos epígrafes de ingresos as variacións son insignificantes ou nulas, configurándose, no seu conxunto un presuposto consecuente coa esperada perda de 120.000 euros para o ano en curso.

 

 

MÁIS SUBVENCIÓNS NO CONTEXTO DUNS PRESUPOSTOS RESTRITIVOS

 

A pesares da perda de ingresos avanzada nos presupostos de 2012, o Grupo de Goberno considera á cultura e o deporte como elementos esenciais do dinamismo social, e por tal motivo a contribución municipal a tales fins mantense, incluso cun lixeiro incremento, neste exercicio. Deste xeito, reciben as mesmas cantidades de anos pasados o Amoeiro C. F. (4.000 euros), o Entroido de Parada de Amoeiro (1.500 euros), a Plataforma Independente de Amoeiro (1.000 euros), a Asociación Cultural “A Capela Escola Cantorum” (600 euros) e o equipo de voleibol “As Xarandeiras” (500 euros). Ademais, reciben subvencións municipais por primeira vez o equipo de Fútbol Sala Feminino Amoeiro (500 euros) e a Asociación Deportiva “Caride Competición” (500 euros). En suma, estes son 8.600 dos 9.000 euros presupostados no apartado de subvencións para 2012, o cal supón un aumento de 900 euros respecto dos 8.100 euros contemplados no presuposto de 2011.

 

 

UN NOVO SERVIZO, EMPREGO MUNICIPAL E OBRAS TAMÉN EN 2012

 

A actual situación socioeconómica non debe paralizar o mantemento e desenvolvemento municipal. Para afrontar tal reto e preciso combinar, de xeito equilibrado, a creación de áreas de desenrolo prioritarias e a atención aos servizos municipais básicos.

 

O Grupo de Goberno considera ó sector turístico como elemento esencial de crecemento e futuro para Amoeiro. Con tal finalidade, porá en marcha unha innovadora Oficina de Turismo que tratará, durante os vindeiros meses, de mobilizar á poboación e buscar recursos para promover oportunidades de negocio en torno á historia, patrimonio e cultura do noso municipio e dos concellos veciños. Trátase dunha iniciativa modesta e axustada ós nosos recursos –contratase un técnico a media xornada durante uns meses, situándose a oficina no edificio da Biblioteca Municipal-, pero consideramos que tamén é atractiva e ilusionante para o noso municipio.

 

Por outra banda, será preciso realizar as seguintes contratacións:

-    Un socorrista, xa que a Xunta de Galicia só proporcionou dous dos tres que precisan as piscinas de Costademonte para a súa autorización de uso durante os meses de verán.
-    Un condutor de trator-desbrozadora para atender as necesidades básicas de limpeza de maleza en campos e viarios públicos a partires de marzo.
-    Dous peóns durante 6 meses para atender o estado do Complexo Polideportivo de Costademonte e outras instalacións municipais.

 

Adicionalmente, recorrerase, por primeira vez, ó servizo da colaboración social para contar cos servizos de dous oficiais de primeira durante a lo menos 5 meses, co obxecto de reparar e manter instalacións públicas, sen obviar a construción de obras novas si fora necesario.

 

Por último, no apartado de obras, e co obxecto de dar resposta a demandas solicitadas dende longo tempo pola cidadanía, o presuposto contempla a realización das seguintes:

 

-    Alumeado no Campo de Rouzós
-    Saneamento en A Bergueira
-    Asfaltado en Loureiro
-    Abastecemento en As Figueiras
-    Mobiliario en edificios municipais
-    Mellora de firme nos núcleos de Costademonte, Fontao, Abruciños, Santabaia, Reguengo, Cornoces, Bubeiras, Vendanova e Torre de Rouzós

 

 

Adicionalmente sinálase a título informativo - e fóra de presuposto municipal- que se dedicará o Programa Estratéxico de Infraestruturas do Medio Rural (PEIM) para realizar as seguintes actuacións: mellora de firme en O Formigueiro e A Bergueira.

A continuación, e de xeito pormenorizado, amósanse os Presupostos Municipais 2012.


PRESUPOSTO DE INGRESOS

 

 

 

 

PRESUPOSTO DE GASTOS

 

 

 

 
Próximo Fin do Prazo para Legalizar Vivendas Fóra de Ordenación
Tuesday, 07 February 2012 14:37

BANDO

 

 

Próxima finalización do prazo para legalizar vivendas en situación de fóra de ordenación municipal

 

LÉMBRASE a tódolos interesados e interesadas que o próximo día 20 de abril de 2012 remata o prazo para que aquelas edificacións realizadas sen licenza e totalmente rematadas antes do 1 de xaneiro de 2003 que non foron obxecto de medidas de restauración urbanística  ou medioambiental, podan incorporarse ó patrimonio do seu titular en situación de fóra de ordenación total segundo o disposto  na disposición transitoria terceira da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro,  de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia e na instrución 2/2011, do 12 de abril da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

 

O Alcalde

 

 

 
Entroido de Parada de Amoeiro 2012
Thursday, 02 February 2012 10:20

O Domingo 19 de febreiro comezan, co percorrido das carrozas e a charanga "Cubalibre" polos pobos

de Amoeiro, os actos do "Entroido de Parada de Amoeiro 2012". Os festexos durarán ata o "Enterro

da Sardiña" do mércores 22, e o Concello de Amoeiro anima a toda a veciñanza a participar nun

acontecemento tan lúdico, célebre e ancestral no noso municipio como solicitado nos concellos

veciños de Maside e Cea, que tamén coñecen e aclaman a simpatía dos amoeirenses e se

contaxian da súa ledicia. Esa é a imaxe dun municipio animado, creativo e esforzado no que

se reflicte o sacrificado e xeneroso traballo de construción de carrozas e disfraces de tantas persoas.

 

A todos e a todas, MOITAS GRAZAS, ÁNIMO E A AMOSAR, CON ORGULLO, A ESTAMPA DO NOSO

NOBRE MUNICIPIO.

 

De seguido, presentase o cartel xenérico do entroido e os referidos ós percorridos, actuacións musicais

e enterro da sardiña

 

 

 

 

 

 

 
Obradoiro sobre Saúde Ambiental
Wednesday, 25 January 2012 12:16

OBRADOIRO SOBRE SAÚDE AMBIENTAL

 

Casa de Cultura do Concello de Amoeiro

 

 

Programa:

 

Luns 27 de febreiro. Introdución á saúde ambiental (19:00-21:00 horas)

Mércores 29 de febreiro. Ciclo da auga: depuradoras e aforro de auga (19:00-21:00 horas)

Xoves 1 de marzo. Plagas urbáns: tipos e solucións (19:00-21:00 horas)

Sábado 3 de marzo. Recliclaxe de RSU en España e Europa (09:00-14:00 horas)

Luns 5 de marzo. Desinfeción de explotacións gandeiras (19:00-21:00 horas)

Martes 6 de marzo. Manipulación de alimentos (19:00-21:00 horas)

 

Dirixido a:

- Estudantes da U.N.E.D.

- Diplomados e licenciados universitarios

- Interesados en xeral, e particularmente aqueles orientados a traballar no eido do medio ambiente, en explotacións agrogandeiras ou na hostelería.

 

Duración: 10 horas

Solicitado 1 crédito de libre elección (0,5 ECTS) para estudantes da U.N.E.D., resultando tamén de interese para ocupacións relacionadas co medio ambiente e as explotacións agrogandeiras, así como para obter a titulación de Formación en Materia Alimentaria (antiguo "Carné de Manipulador de Alimentos).

 

Prezo da matrícula: 10 € (Prazas limitadas: máx. 30)

 

Data límite de inscrición: 24 de febreiro de 2012

 

Información e programa:

www.uned.es/ca-ourense e oficinas do Concello de Amoeiro

Teléfonos de contacto: 988 37 14 44 & 988 28 10 00

E-mail: This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it

 

Máis información nos trípiticos seguintes:



 
Carta da Asociación Española Contra ó Cancro (AECC)
Friday, 20 January 2012 14:14

O Concello de Amoeiro hónrase en trasladar a súa gratitude e recoñecemento á veciñanza e as persoas que asistiron ao funeral de D. Benjamín Ogando Rodríguez, e contribuíron cos seus donativos anónimos a que a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) siga a desenvolver a súa indispensable función de información e apoio a enfermos e familias, así como de prevención e apoio a investigación dunha enfermidade que afecta a tantas persoas da sociedade no seu conxunto. Este concello manifesta tamén a súa admiración e apoio ós familiares de D. Benjamín por sementar unha idea tan solidaria en momentos de intenso dolor. A TODOS E TODAS, MOITAS GRAZAS.

 

 
Teatro de Mandrás na Casa de Cultura
Thursday, 19 January 2012 12:48

O Vindeiro domingo, 29 de xaneiro de 2012, ás 16:00 horas a Compañía de Teatro "Os Remexidos" de Mandrás escenificará a obra titulada "Unha taberna para o ceo" na Casa de Cultura. O Concello convida a toda a veciñanza a acudir a representación da devandita obra, que é desenvolvida de xeito altruísta e entusiasta por esta novel, animada e veciña organización amateur.

 

 
Premios do Concurso de Postais de Nadal 2011
Wednesday, 18 January 2012 13:33

A continuación, preséntanse as postais premiadas no "Concurso de Postais de Nadal" celebrado en decembro de 2012.

 

Os premiados na Categoría A (entre 3 e 6 anos) foron:

 

Primeiro Premio: postal titulada "Un Nadal Moi Frío", obra de Laura Doval Fernández

Segundo Premio: postal titulada "A Porta do 2012", obra de Lucía Ucha González

Terceiro Premio: postal titulada "Paisaxes de Nadal", obra de Nerea Álvarez Crespo

 

Os premiados na Categoría B (entre 7 e 12 anos) foron:

 

Primeiro Premio: postal titulada "O Moneco de Neve", obra de Pablo Castro Suárez

Segundo Premio: postal titulada "O Amarelo e a Luz", obra de Rita Vázquez González

Terceiro Premio: postal titulada "Navidades Máxicas", obra de Martín Pérez Reñones

 

Moitas grazas a todos os cativos e cativas do CEIP Ramón Otero Pedrayo de Amoeiro que participaron con tanta ilusión, e disculpas a todos e todas pola demora nesta publicación e na re-entrega de postais os e as autores/as. Todas as postais están a dispor para recollerse na Biblioteca Municipal.

 

De seguido, amósanse, esquemáticamente, as postais gañadoras (non resulta operativo inscribilas todas nesta páxina por cuestións de espazo na web, o cal non significa que sexan menos valiosas).

 

 

 
Ofertas de emprego
Tuesday, 10 January 2012 00:00

 

OFERTAS DE EMPREGO:

Servizo Público de Emprego: http://traballo.xunta.es/portada-emprego

    • 12/2011/13991.
      NECESÍTANSE EMPREGADOS/AS ADMINISTRATIVOS CON FORMACIÓN MÍNIMA DE FPII OU CICLO SUPERIOR DA RAMA DE ADMINISTRACIÓN, DOMINIO DE INGLÉS E FRANCÉS E PERMISO DE CONDUCIR
    • 12/2011/14048
      NECESÍTASE MECÁNICO/A DE MENTEMENTO E REPARACIÓN DE AUTOMOCIÓN, CICLO SUPERIOR DE AUTOMOCIÓN E PERMISO DE CONDUCIR B e C1.
    • 12/2011/14346
      NECESÍTASE EMPREGADO/A ADMINISTRATIVO DE CONTABILIDADE CON EXPERIENCIA. LICENCIATURA EN ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS. PERMISO DE CONDUCIR.

 

 
1 2 3 4 5
Banner
Banner
Banner