|
Festa de Aninovo na Casa de Cultura |
|
Luns, 26 Decembro 2011 12:03 |
|
O Concello de Amoeiro convida á veciñanza á Festa de Fin de Ano 2011 que organiza a Comisión de Festas de Parada na Casa de Cultura de Amoeiro. A festa iniciarase a partires da una da madrugada de 2012, estará amenizada polo Trío Stilo e inclúe, así mesmo, o sorteo dunha Cesta de Nadal, que se celebrará as 04:00 horas. Felices Festas e Ilusionante Aninovo para todos.

|
|
Festa Infantil de Nadal 2011 |
|
Venres, 02 Decembro 2011 10:37 |
|
O Concello de Amoeiro levará a cabo, o vindeiro xoves 22 de decembro de 2011, a "Festa Infantil de Nadal 2011".
Esta festa terá lugar na Casa de Cultura entre as 17:00 e as 19:30 horas, sendo necesario inscribirse previamente no concello (ben persoalmente ou ben a través do teléfono ou mail municipais: 988 28 10 00/
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
)
O Programa e actividades previstas facilítanse no cartel que se amosa a continuación:

|
|
Primeiro Concurso Infantil de Postais de Nadal |
|
Xoves, 24 Novembro 2011 13:47 |
|
Cando está a piques de rematar ó 2011, o Concello de Amoeiro establece o “Primeiro Concurso Infantil de Postais de Nadal”, que se rexerá polas seguintes:
BASES
OBXECTO
Fomentar a creación artística dos máis pequenos.
1. PARTICIPANTES
Nen@s do Concello de Amoeiro de idades comprendidas entre 3 e 12 anos.
2. REQUISITOS
Cada concursante presentará unha única postal que deberá estar relacionada directamente co Nadal e/ou coa entrada do novo ano 2012.
3. CATEGORÍAS
A- nenos/as de 3 a 6 anos.
B- nenos/as de 7 a 12 anos.
4. PRESENTACIÓN DAS POSTAIS
4.1. FORMA DE PRESENTACIÓN
A postal debe estar feita en papel ou cartolina, e no caso de que leve texto este deberá estar escrito en galego.
Na parte posterior da postal figurará o nome e apelidos do participante, así como o seu enderezo, teléfono e idade.
A postal presentaranse nun sobre pechado no que se fará constar o seguinte texto:
I CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL
TITULO DA POSTAL
CATEGORÍA DA POSTAL: A para nenas e nenos entre 3 e 6 anos, e B para nenas e nenos entre 7 e 12 anos
4.2. LUGAR E PRAZO DE ENTREGA:
No Concello de Amoeiro antes das 14 h do día 21 de Decembro de 2011.
5. COMISIÓN DE VALORACIÓN
Formada por un membro da Corporación Local, a Presidencia da ANPA, e un Pai/Nai.
6. CRITERIOS DE VALORACIÓN DA COMISIÓN
- Orixinalidade da idea
- Creatividade
- Emprego de materiais reciclados
- Destreza manual
7. PREMIOS
Para ambas categorías -A e B- establécense os seguintes 3 premios:
1º Clasificado vale por importe de 40 €
2º Clasificado vale por importe de 20 €
3º Clasificado vale por importe de 10 €
* Os premios serán cambiables en establecementos colaboradores do Concello de Amoeiro.
8. CESIÓN DE DEREITOS DE AUTOR
O Concello de Amoeiro adquire os dereitos de exposición das obras premiadas, que poderán contemplarse na Biblioteca Municipal ata o 8 de Xaneiro de 2012.

|
|
25 de novembro. Cine e actuación na Casa da Cultura |
|
Martes, 22 Novembro 2011 13:38 |
|

|
|
Luns, 31 Outubro 2011 13:30 |
|
Enviar
O Concello de Amoeiro informa da apertura de prazo para realizar a pre-inscrición no Curso de Bailes de Salón.
As persoas interesadas en participar no devandito curso poderán realizar a pre-inscrición persoalmente na Casa Consistorial ou ben a través do teléfono 988 28 10 00 ou do enderezo electrónico
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
.
Xunto a mencionada pre-inscrición indicaránse as datas, horarios e lugares de preferencia para os pre-inscritos, que servirán de base para a posta en marcha do curso de bailes de salón. En principio, contémplase a Casa de Cultura como lugar do curso, si ben tamén será posible desenvolvelo noutras localizacións (p. ex., Local Social Municipal de A Bergueira, Parada, Bóveda, etc.) sempre que exista un número suficiente de pre-inscritos que o permita.
A data límite para realizar a pre-inscrición é ó 11 de novembro.

|
|
Anuncio do Magosto de Parada 2011 |
|
Luns, 24 Outubro 2011 12:24 |
|
A petición da Comisión de Festas de Parada, e co obxecto de colaborar coa mesma, o Concello de Amoeiro publicita ó Magosto de Parada 2011, que se celebrará o vindeiro sabado 5 de novembro ás 13:30 horas no campo da festa da devandita parroquia. A continuación, amósase a infraestrutura, actividades e prezos segundo constan no cartel remitido pola citada comisión, á cal lle trasladamos os nosos máis cordiais parabéns.

|
|
Exhibición do Clube de Ximnasia Rítmica Pavillón de Ourense en Imaxes |
|
Domingo, 23 Outubro 2011 20:04 |
|
O domingo 23 de outubro, entre as 11:00 e as 13:00 horas, tivo lugar una exhibición do Clube de Ximnasia Rítmica Pavillón de Ourense no Pazo Municipal de Deportes de Amoeiro. Esta exhibición foi unha grande oportunidade para que as veciñas e veciños de Amoeiro poideran visualizar os magníficos resultados que acompañan ó esforzo diario de tantas ximnastas deste afamado clube ourensán. Entres estas estaba Antía, de Abruciños, que recibiu a simpatía e agarimo das compañeiras do CEIP que a acompañaron neste evento. Norabóa ó clube e gracias por brindarnos esta posibilidade no noso concello. De seguido, amósanse algunhas imaxes deste acontecemento.






|
|
Actuación da Plataforma Independente de Teatro de Amoeiro no Teatro Principal de Ourense |
|
Domingo, 23 Outubro 2011 15:57 |
|
É un fondo motivo de satisfacción e orgullo para o municipio informar que á Plataforma Independente de Teatro de Amoeiro (PITA) actuará o vindeiro xoves 27 de outubro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal de Ourense.
Na devandita actuación representará a obra de Xabier Prado “Lameiro” titulada “N´a corredoira”.
Tal actuación inscríbese dentro da Cerimonia de Entrega do II Premio Xabier Prado “Lameiro”, na que tamén participarán outras entidades artísticas como o Grupo de Danza “Castro Floxo” e a “Coral de Ruada”.
A entrada é libre ata completar o aforo, e anímase a que asista o maior número de veciñas e veciños de Amoeiro.

|
|
"Caca de la Vaca" está de novo con nós |
|
Mércores, 19 Outubro 2011 20:53 |
|
O seis de novembro celebrarase a IV Edición do sorteo máis famoso e internacional de Amoeiro: Caca de la Vaca.
Este singular evento, deu lugar a un fermoso documental que quedará para o recordo –“O premio da rubia” (dirixido por Marcos Nine), contou co presenza de ilustres pregoeiros (o afamado chef italiano Flavio Morganti, o noso Fillo Predilecto e ilustre pintor Ramón Pulido e o popular actor galego Luís Zahera), recibiu a miles de persoas e a magnas personalidades e figuras públicas, repartiu grandes premios e propagou a imaxe do noso municipio máis aló do que nunca se fixera no pasado (todas as televisións nacionais, así como radios, periódicos e páxinas de internet arredor do mundo son testemuñas da relevancia deste acontecemento).
Caca de la Vaca, e a súa páxina web www.cacadelavaca.es, son únicos e serviron de espello no que se miraron moitas “caca de la vaca” que a imitaron ó longo de España. Pero a nosa é a única e orixinal, e a súa fama traspasou fronteiras. Isto explica o interese da cadea estadounidense Entertainment and Sports Programming Network (ESPN), que é líder mundial nos deportes por cable e satélite, por transmitir este evento e gravar os acontecementos dos días previos ó mesmo. Unha vez máis, a celebridade e o coñecemento mundial de Amoeiro é posible grazas a Caca de la Vaca.
O noso agradecemento ó Presidente do Amoeiro C.F. José Ángel Cid, ó xa premiado e recoñecido creador gráfico Xurxo Baca, ó informático de Aurianet Ángel que loita en cada edición polo bo funcionamento da páxina web, á esforzada Directiva, ós xogadores, ós patrocinadores e a todas as veciñas, veciños, e amigas e amigos máis aló do concello que axudan de xeito altruísta a que Caca de la Vaca sexa un éxito e debuxe un sorriso nas facianas de tanta xente.
Hoxe, máis que nunca, precisamos ledicia e o Concello convídavos a asistir e rirnos todos xuntos, por cuarta vez, o vindeiro 6 de novembro.

|
|
Mércores, 19 Outubro 2011 12:40 |
|
O Concello de Amoeiro organiza, co co-financiamento da Excma. Deputación de Ourense, o II Curso de Minivoleibol.
O Curso diríxese a nenas e nenos entre 7 e 13 anos de idade, e terá lugar no Pazo Municipal de Deportes de Amoeiro de 18:00 a 19:30 horas dende o luns 24 ata o venres 28 de outubro.

|
|
|