|
Mércores, 19 Outubro 2011 12:40 |
|
O Concello de Amoeiro organiza, co co-financiamento da Excma. Deputación de Ourense, o II Curso de Minivoleibol.
O Curso diríxese a nenas e nenos entre 7 e 13 anos de idade, e terá lugar no Pazo Municipal de Deportes de Amoeiro de 18:00 a 19:30 horas dende o luns 24 ata o venres 28 de outubro.

|
|
Cursos de Gaita Galega e Acordeón |
|
Mércores, 19 Outubro 2011 09:22 |
|
O Concello de Amoeiro informa que está aberto o prazo de inscrición nos cursos de Gaita Galega e Acordeón.
As persoas interesadas deben inscribirse no teléfono 988 28 10 00 ou no mail
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
O prazo de inscrición remata o vindeiro venres 28 de outubro.

|
|
Exhibición de Ximnasia Rítmica no Pazo de Deportes |
|
Domingo, 16 Outubro 2011 20:40 |
|
O Concello de Amoeiro informa que se celebrará no Pazo Municipal de Deportes de Amoeiro, o vindeiro domingo 23 de outubro de 2011, unha Exhibición de Ximnasia Rítmica.
O Clube de Ximnasia Rítmica Pavillón de Ourense realizará a devandita exhibición como Preparación para os Campionatos de España 2011, que terán lugar nas sedes de Santander e Zaragoza.
Na exhibición participarán ximnastas das categorías alevín, infantil, júnior e sénior, entre as que compre salientar a nosa veciña Antía, qué é tamén alumna do CEIP Otero Pedrayo de Amoeiro e destacada atleta ourensán e galega.
Teremos a oportunidade asistir a este exhibición a partires das 11:00 horas.

|
|
Publicidade nos medios municipais |
|
Venres, 14 Outubro 2011 21:20 |
|
O Concello de Amoeiro abre a posibilidade de incluir publicidade nos seus medios de comunicación. A este respecto, inclúense tanto os soportes en papel como os electrónicos e internet; en concreto, a futura publicación periódica do Programa CLARA, así como a xa existente denominada Novas do Concello de Amoeiro (NCA), reservarán espazo para contidos publicitarios; así mesmo, será posible difundir anuncios mediante os 16 paneis electrónicos de información municipal distribuídos ó longo da xeografía de Amoeiro: os situados nos núcleos de Amoeiro (2), Cornoces, Santabaia, Os Garabatos, Abruciños, Os Casares, Loureiro, Parada, Albeiros, A Bergueira, Bóveda, Trasalba, As Figueiras, A Povoanza e As Quintás.
Por último, tamén será posible empregar esta web para dar a coñecer mensaxes publicitarias, salientándose os seguintes datos de interese mercadotécnico: no último mes -de 14 de setembro a 14 de outubro- a páxina www.amoeiro.es recibiu un total de 879 visitas, realizadas por 500 visitantes únicos, observándose un total de 3.846 páxinas, con un promedio de 4,38 páxinas e 4:54 minutos de promedio por visita.
Para ampliar información sobre a posibilidade de incluír contidos publicitarios nos devanditos medios municipais deben dirixirse o teléfono 656 657 057 ou o mail
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

|
|
Os Chaos vs. Amoeiro C.F.: Duelo Histórico |
|
Xoves, 13 Outubro 2011 12:48 |
|
A Copa Deputación fixou unha data histórica no fútbol de Amoeiro: enfrentou os equipos de Os Chaos e Amoeiro C.F. Tal encontro, no que o resultado é un tema de importancia secundaria, congregou a un importante número de aficionados que disfrutaron dunha tarde soleada e dun ambiente de fraternidade. Velaí as fotos para a memoria deste amable choque.



|
|
A IV Gymkana do Concello de Amoeiro en Imaxes |
|
Xoves, 13 Outubro 2011 12:11 |
|
O pasado mércores 12 de outubro celebrouse a IV Gymkana do Concello de Amoeiro, con grande afluencia de nenas e nenos, superando a xa elevada de anos anteriores. Dende o Concello de Amoeiro trasladamos os nosos parabéns ós participantes e ós voluntarios e voluntarias que fixeron posible a materialización do evento. Nada hai máis fermoso que o sorriso das cativas e cativos e, de seguido, amosamos as ledas facianas das gañadoras e gañadores e, o que é máis importante, de todos os que participaron.





|
|
A IV Andaina de Amoeiro en imaxes |
|
Martes, 11 Outubro 2011 09:31 |
|

Preparados para saír

"Armando as cámaras"

Cargando as mochilas

Comprobando os tempos

Protección civil traballa

As familias felices

Protección civil por fin descansa

As viandas reconfortan

Os homes descansan na baranda

O sorriso de Rocío

Expectantes e curiosas, antes de comezar

A emoción da entrega de dorsais

Preparados, listos, xa

O Concelleiro Moncho, Cristina -a nosa Monitora de Deportes- e os premiados
NORABÓA E MOITAS GRAZAS A TODOS
|
|
Presentación de Proposta de Cursos de Gaita e Construción de Instrumentos Musicais |
|
Martes, 11 Outubro 2011 08:52 |
|
O Concello de Amoeiro informa que se presentará na Casa de Cultura, o venres 14 de outubro ás 19:00 horas, unha proposta de Curso de Gaita e Construción de Instrumentos Musicais.
Os Sres. Pablo Caderno e Roberto Reberete serán, respectivamente, os encargados de explicar a devandita proposta de actividades musicais.

|
|
Equipos Asignados á Utilización do Pazo de Deportes de Amoeiro |
|
Martes, 04 Outubro 2011 13:37 |
|
O Concello de Amoeiro informa que se asignou a estes equipos os horarios que figuran na seguinte táboa

|
|
Inscrición no Rexistro de Vivendas en Venda e Aluguer do Concello de Amoeiro |
|
Martes, 04 Outubro 2011 12:45 |
|
O Concello de Amoeiro informa que existe a posibilidade de inscribir gratuitamente as vivendas do noso municipio no Rexistro de Vivendas en Venta e Aluguer do Concello de Amoeiro.
Esta ferramenta posibilita a difusión de información inmobiliaria de Amoeiro e está a dispor de todos os veciños e veciñas que así o soliciten.
A este respecto, pódese facilitar algunha fotografía ou plano da vivenda en cuestión e os seguinte datos descriptivos da mesma:
Superficie
Localización
Prezo ou Valor do Aluguer (OPCIONAL)
Teléfono de contacto
E-mail de contacto
Información adicional
Preferiblemente, estos datos deben entregarse en formato dixital ben no concello ou ben a través do enderezo electrónico municipal:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
 
|
|
|