Mosterio de Bóveda

Mosterio de BóvedaO mosteiro feminino cisterciense, chamado de San Miguel, foi fundado no 1168 por Arias Fernández e Gudina Oduariz. A comunidade de monxas alí establecida conformará un dominio territorial que se estendía polas parroquias dos Chaos de Amoeiro e tiña ademais posesións na ribeira do Miño e na vila de Chantada. Desta maneira, Bóveda, coa súa abadesa á cabeza, convirtiuse no mais poderoso dos señores durante trescentos anos. Ao final deste período a comunidade acabou anexionándose con outro convento, este masculino, anexión precedida por numerosos preitos e toma final do mosteiro polas armas; desta forma San Miguel de Bóveda pasou á historia medieval galega coma exemplo de conflictividade no século XV.

Hoxe é propiedade particular e está moi modificado. Conserva a portada e o arco triunfal no que se observa a tendencia á ferradura. Entre as pezas soltas que se custodian no seu interior, encontramos elementos prerrománicos que denotan a súa antigüidade.