O Pazo Museo de Otero Pedraio está situado no lugar de Cima de Vila, parroquia de Trasalba, na bocarribeira sobre os ríos Barbantiño e Miño. Chégase a el dende o Miño,
ascendendo por Santa Cruz de Arrabaldo, na estrada Vigo-Ourense, con impresionantes vistas sobre as terras da ribeira, o entrando pola estrada Ourense-Santiago,
dende Tamallancos, atravesando os Chaos de Amoeiro.
Foi construído en 1764 por Benito Sotelo. Pertenceu a familia materna de Otero Pedraio.
Son de subliñar dúas solainas na parte posterior da casa, unha de elas deseñada por Castelao.
Na actualidade está adicado a museo, por iniciativa da Fundación Otero Pedraio. Conserva libros, cadros, mobles e obxectos cotiáns que pertenceron ao autor.
Para visitar o Pazo Museo pódese facer nos seguintes horarios todos os días, excepto luns : de 11 a 14 horas e de 16 a 18 horas nos meses de outubro ata abril;
de 11a 14 horas e de 15 a 20 horas dende maio ata setembro. Reservas de grupos no tfno. 988 281139.
Máis información : http://www.editorialgalaxia.es