Normativas Xerais
| Título | Medio | Número | Data | |
|---|---|---|---|---|
BOP |
133 |
13/06/05 |
||
BOP |
77 |
03/04/07 |
||
BOP |
238 |
16/10/01 |
||
BOP |
280 |
07/12/06 |
Normativas Fiscais
| Título | Medio | Número | Data | |
|---|---|---|---|---|
BOP |
287 |
16/12/03 | ||
BOP |
285 |
15/12/05 | ||
BOP |
44 |
23/02/09 |
||
BOP |
40 |
18/02/08 | ||
BOP |
285 |
15/12/05 |
Concesión de subvencións
Amoeiro (BOP Ourense n.º 133 · Luns , 13 x u ñ o 2005)
Anuncio
Transcorrido o prazo de exposición ó público, do acordo de aprobación inicial da Ordenanza reguladora da concesión de subvencións, adoptado na sesión Plenaria de data 31 de marzo de 2005, sen que se formulara ningunha reclamación ou suxestión, elévase a definitivo o acordo, segundo o prevé o artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.
Ordenanza reguladora da concesión de subvencións Unha das manifestacións máis importantes da actividade financeira do sector público canalízase a través do outorgamento de subvencións, coa finalidade principal de dar resposta ás demandas sociais e económicas das persoas, entidades ou asociacións públicas e privadas.
Dende a perspectiva económica as subvencións constitúen unha modalidade do gasto público, e polo tanto, deben someterse ás directrices da política orzamentaria, orientada na actualidade ós criterios de crecemento, desenvolvemento en tódolos sectores e estabilidade e equilibrio orzamentario.
Definido este marco xeral do equilibrio orzamentario, que lles impide ás administracións públicas en xeral e á administración local en particular gastar máis do recadado, faise necesario, ó abeiro da potestade regulamentaria ou de autoorganización que lles atribúe as entidades locais no artigo 4.1.a) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, traslada-los principios xerais desta política ó ambito local.
Deste xeito, para cumprir estas ideas e co obxectivo de axustarse ó disposto na Lei 38/2003, xeral de subvencións, o Concello de Amoeiro aproba a presente Ordenanza reguladora da concesión de subvencións.
Artigo 1.- Obxecto.
1. É obxecto desta ordenanza establece-los principios, criterios e procedemento para a concesión de subvencións a persoas físicas ou xurídicas, entidades, asociacións ou organismos, cando os seus servizos ou actividades complementen ou suplan os atribuídos á competencia local.
2. Considérase subvencións calquera auxilio directo ou indirecto, valorable economicamente, a expensas da entidade local, que outorgue a Corporación, sempre que:
- A entrega se realice sen contraprestación.
- Se atope suxeita ó cumprimento dun determinado obxectivo, actividade ou proxecto.
- O seu obxecto sexa o fomento dunha actividade de utilidade pública ou interese social ou de promoción dunha finalidade pública.
Artigo 2.- Previsión orzamentaria.
As subvencións concedidas conforme ó disposto nesta ordenanza outorgaranse con cargo á partida orzamentaria que, para este efecto, se estableza cada ano no presuposto do Concello de Amoeiro.
Artigo 3.- Criterios xerais.
a) As subvencións terán carácter voluntario e eventual e a súa concesión non implica obrigatoriedade por parte do Concello e non crea dereito nin establece precedente para futuras concesións.
b) A Corporación poderá reducilas ou revogalas en calquera momento, salvo cláusula en contrario.
c) As subvencións outorgaranse de acordo cos principios previstos no artigo 8 da Lei 38/2003, é dicir, publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, eficacia e eficiencia.
Artigo 4.- Peticionario.
Poderán solicita-las subvencións obxecto desta ordenanza calquera persoa física ou xurídica que cumpra os seguintes requisitos:
1) Entidades:
a) Que a súa sede social radique no termo municipal de Amoeiro, desenvolvendo de xeito prioritario o exercicio da súa actividade neste Concello. Debe estar rexistrada no Rexistro Municipal de Asociacións, e debe cumpri-lo establecido no seu regulamento regulador. De xeito excepcional eximirase de cumplir este requisito as asociacións ou entidades que a xuízo do órgano competente desenvolvan labores de carácter educativo, cultural ou benéfico, e as comisións de festas.
b) Que se atopen constituídas sen ánimo de lucro.
c) Ter xustificadas as subvencións concedidas en ocasións anteriores polo Concello.
2) Persoas físicas: deberán estar empadroadas no Concello de Amoeiro e presenta-la documentación que para cada tipo de axuda se estableza nesta ordenanza ou nas convocatorias correspondentes.
3) Agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidades económicas que aínda carecendo de personalidade xurídica poidan levar a cabo proxectos, actividades ou comportamentos ou se encontren na situación que motiva a concesión da subvención, sempre que estean empadroadas no Concello.
Artigo 5.- Órganos competentes para o outorgamento da subvención:
a) O alcalde, as da contía que se estableza nas bases de execución do presuposto de cada exercicio.
b) A Xunta de Goberno Local, por delegación de facultades do Pleno do Concello, as que non sexan competencia do alcalde.
Artigo 6.- Procedemento de concesión.
Establécense as seguintes modalidades:
1. Concesión mediante concorrencia competitiva: é a forma ordinaria de concesión de subvencións. Para estes efectos terá a consideración de concorrencia competitiva o procedemento mediante o cal o outorgamento de subvencións se realiza mediante a comparación de solicitudes presentadas, co fin de establecer unha prelación entre elas de acordo cos criterios previamente fixados nas bases reguladoras e na convocatoria.
Neste suposto a concesión formularaa o órgano competente.
2. Concesión directa: as subvencións poderán outorgarse directamente, non sendo preceptivas nin a concorrencia competitiva nin a publicidade, nos seguintes casos:
a) Cando aparezan de xeito nominativo no orzamento do Concello.
b) Subvencións nas que a súa concesión ou contía veña imposta por unha norma de rango legal, seguíndose neste caso o procedemento de concesión que lle resulte de aplicación de acordo coa súa normativa.
c) Con carácter excepcional, aqueloutras subvencións ou axudas nas que se acrediten razón de interese público, social, económico, humanitario ou calquera outro debidamente xustificado, que dificulte a súa convocatoria pública. Este carácter excepcional será apreciado polo órgano competente mediante acordo motivado.
d) Subvencións que non superen o importe de 3.000 euros por un mesmo beneficiario, unha mesma actividade e en un mesmo exercicio.
Artigo 7.- Criterios de valoración.
Para a concesión das subvencións e para fixa-las contías daquelas, valorarase a maior ou menor concorrencia das condicións seguintes:
a) A continuidade, estabilidade e solvencia da entidade solicitante no ámbito no que se desenvolva a actividade proposta.
b) A dificultade acreditada pola entidade solicitante para acudir a outros medios de financiamento, así como os medios económicos cos que conta aquela.
c) O número de persoas potencialmente beneficiadas.
d) A viabilidade da actividade para desenvolver.
e) Aqueloutras que, polas características de actuación, poida establece-lo órgano resolutor.
Artigo 8.- Documentación que se deberá presentar:
1.- As solicitudes dirixiranse á Alcaldía e presentaranse no rexistro xeral do Concello.
2.- Fotocopia compulsada do DNI da persoa que asina a solicitude.
3.- Presuposto aproximado das actuacións que deban ser subvencionadas,
cunha breve memoria explicativa delas.
4.- Declaración xurada do solicitante na que se exprese o seu compromiso de aplica-lo importe da axuda ás actuacións subvencionadas e que non xera lucro ningún.
Se as solicitudes non reuniran os requisitos esixidos ou non viñeran acompañadas da documentación referida, requeriráselle ó interesado para que no prazo establecido na convocatoria corrixa as deficiencias (en defecto de prazo establecido na convocatoria será de dez días), advertíndolle que, no caso contrario, se producirá a caducidade do procedemento.
Artigo 9.- Prazo de presentación de solicitudes.
Aterase ó que dispoñan as bases que regulen as convocatorias específicas.
Nas establecidas nominalmente no presuposto, a partir da entrada en vigor deste.
Artigo 10.- Obrigas do beneficiario.
Son obrigas do beneficiario:
a) Executa-lo proxecto ou actividade subvencionada.
b) Xustificar ante o Concello o cumprimento dos requisitos e condicións, así como a realización da actividade.
c) Someterse ás actuacións de comprobación a efectuar polo Concello, así como as de control financeiro que se poidan realizar.
d) Comunicarlle ó órgano concedente a obtención doutras subvencións ou axudas que financien a actividade subvencionada.
e) Acreditar con anterioridade á concesión encontrarse ó corrente das obrigas tributarias e da Seguridade social.
f) Conservar documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos.
g) Proceder ó reintegro dos fondos percibidos no suposto de uso indebido.
Artigo 11.- Xustificación da subvención.
Os beneficiarios das subvencións deberán presentar nas oficinas municipais, nun prazo inferior os tres meses desde a finalización da actividade (en defecto de prazo específico), a documentación seguinte:
- Facturas orixinais e fotocopia delas, co obxecto da aprobación.
Para estes efectos, as facturas deberán estar debidamente conformadas. Non se admitirá como xustificación ningún gasto realizado para o cumprimento de fins distintos para os que se concedeu a subvención.
- No caso de que se xustifique un gasto inferior ó da subvención concedida, esta recurtarase de xeito que nunca sexa superior ós gastos xustificados.
- Cando se realicen pagamentos a entidades que teñan que presenta-la declaración do IVE, a xustificación deberá vir acompañada da factura correspondente ou duplicado desta.
* O IVE non será subvencionable cando sexa susceptible de recuperación ou compensación.
Artigo 12.- Réxime sancionador.
En todo o referente ó rexime sancionador ateranse ó disposto na Lei 38/2003, xeral de subvencións.
Disposición adicional primeira.
O órgano competente para o outorgamento da subvención realizará o oportuno seguimento das actividades subvencionadas, podendo solicitar en calquera momento as explicacións e a documentación que considere oportunas.
Disposición adicional segunda.
Será competencia da Alcaldía a interpretación e a resolución das dúbidas que da presente ordenanza poidan resultar.
Disposición adicional terceira.
A concesión de subvencións ás que se refire a presente ordenanza non implicará relación contractual de carácter civil laboral, administrativo ou de calquera outro tipo entre o Concello e a persoa ou entidade beneficiaria.
Disposición adicional cuarta.
Quedan excluídas do ámbito de aplicación desta ordenanza as subvencións que o Concello poida outorgar e que tiveran o seu fundamento en convenios ou decisións específicas subscritas polo Concello e outras administracións públicas ou institucións de todo tipo. Así mesmo, non será de aplicación para actuacións
ou actividades de iniciativa municipal en materias da súa competencia, sempre que o seu outorgamento sexa conforme á legalidade.
Disposición final.
A presente ordenanza, da que a súa redacción definitiva foi aprobada polo Pleno da Corporación na sesión realizada o trinta e un de marzo de dous mil cinco, entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.
Amoeiro, 24 de maio de 2005. O alcalde.
REGULAMENTO DE CREACIÓN E FUNCIONAMENTO DO REXISTRO MUNICIPAL DE UNIÓNS DE FEITO NON MATRIMONAIS
(BOP 03/04/2007)
Anuncio
Unha vez transcorrido o prazo de exposición ó público do acordo de aprobación inicial do Regulamento de creación e funcionamento do Rexistro Municipal de Unións de Feito non Matrimoniais, adoptado na sesión do Pleno de data 25 de Janeiro de 2007, sen que se formulara ningunha reclamación ou suxestión, elévase a definitivo o acordo, segundo o prevé o artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.
Regulamento de creación e funcionamento do Rexistro Municipal de Unións de Feito non Matrimoniais do Concello de Amoeiro.
Exposición de motivos.
As novas circunstancias sociais, que nos últimos tempos están modificando o que tradicionalmente se chamou familia nuclear, obrigaron ás diversas administracións públicas a reconsidera-lo modelo xurídico e administrativo para incluí-la figura das unións de feito non matrimoniais.
O libre desenvolvemento da personalidade e a igualdade ante a lei dos cidadáns, que constitúen principios fundamentais do noso ordenamento xurídico e social, demandan dos poderes públicos a promoción das condicións para que esa liberdade e igualdade das persoas e dos grupos nos que se integran sexan reais e efectivas, debendo ser removidos os obstáculos que impidan ou dificulten a súa plenitude (artigos 1.1, 9.2, 10.1 e 14 da Constitución española).
Todo home e toda muller, no libre e lexítimo dereito a constituír, mediante unha unión afectiva e estable, unha comunidade de vida que, completada ou non con fillos, dea lugar á creación dunha familia, cuxa protección social, económica e xurídica deben asegura-los poderes públicos de conformidade co establecido no artigo 39.1 da Constitución española.
Esas parellas que constitúen unións non matrimoniais e as familias que delas derivan deben gozar da mesma protección social, económica e xurídica cás unións matrimoniais e as familias por elas orixinadas, co fin de garanti-lo respecto e promoción dos principios anteditos.
Neste marco xeral, e atendendo ás novas necesidades e interpretacións do concepto de familia, o Concello de Amoeiro crea o Rexistro Municipal de Unións de Feito non Matrimoniais.
Artigo 1.- Obxecto.
Créase o Rexistro Municipal de Unións de Feito non Matrimoniais que terá carácter administrativo, rexéndose polo establecido neste regulamento e polas demais normas que sexan de aplicación conforme coa lexislación vixente.
Artigo 2.- Ámbito de aplicación.
Terán acceso a este Rexistro municipal as unións de feito non matrimoniais de convivencia estable entre parellas, calquera que sexa o sexo dos seus membros e que estean empadroados no Concello de Amoeiro.
Artigo 3.- Declaración e actos inscribibles.
Serán obxecto de inscrición a declaración de constitución, modificación ou extinción das unións de feito non matrimoniais de convivencia estable a que se refire este regulamento. Tamén se poderán inscribi-los contratos reguladores das relacións persoais e patrimoniais entre os seus membros e as declaracións, feitos e circunstancias relevantes que lles afecten a elas, sempre que non sexan contrarias ó ordenamento xurídico, limitativos da igualdade de dereitos que corresponden a cada convivinte ou prexudiciais para un deles, e con independencia de que estean formalizados en escrito privado ou en documento público.
Todo isto é sen prexuízo de que para a produción de efectos xurídicos sexa necesaria a inscrición ou anotación noutro rexistro público ou elevación a público de calquera documento privado.
Artigo 4.- Voluntariedade.
A inscrición neste rexistro ten carácter voluntario, non podendo aplica-la administración ningunha inscrición de oficio.
Artigo 5.- Requisitos.
1.- As inscricións realizaranse trala solicitude previa conxunta dos membros que constitúen as unións de feito non matrimoniais de convivencia estable, conforme co modelo existente a disposición dos interesados nas oficinas municipais do Concello, acompañada da documentación acreditativa do cumprimento dos seguintes requisitos:
- Ser maior de idade.
- Certificación de empadroamento dos seus membros neste Concello.
- Non estar declarados incapaces por sentenza xudicial.
- Non ter relación de parentesco por consanguinidade ou adopción en liña recta ou colateral en segundo grao.
- Non estar suxeito a ningún tipo de vínculo matrimonial.
- Non figurar inscrito como membro doutra unión de feito non matrimonial non cancelada.
- Acredita-la unión estable mediante a sinatura de, polo menos, dúas testemuñas maiores de idade, en pleno ejercicio dos seus dereitos civís e sen relación ningunha de parentesco con ningún dos membros da parella, que dean fe da existencia da dita unión de feito non matrimonial.
2.- As anotacións que fagan referencia á extinción da inscrición da unión de feito non matrimonial poderán realizarse a pedimento dos dous ou dun só dos seus membros. Neste último caso trasladarase esta circunstancia ó outro membro, se se coñecera o seu domicilio, ou, no caso contrario, publicarase edicto no taboleiro de anuncios do concello para que no prazo de quince días hábiles poida presentar alegacións ou opoñerse a tal inscrición, se así o considera. De non presentarse ningunha, ou resoltas as presentadas, a Alcaldía ditará Resolución pola que declare vixente ou extinguida a unión de feito non matrimonial, cos conseguintes efectos rexistrais.
A solicitude da extinción da unión de feito non matrimonial deberá acreditar se se debe a algunha das seguintes causas:
- Por morte ou declaración de defunción dun dos seus membros.
- De común acordo da parella.
- Por decisión unilateral dun dos seus membros.
- Separación de feito de máis de 6 meses.
- Por matrimonio de, polo menos, un dos seus membros.
Artigo 6.- Efectos.
A inscrición no Rexistro Municipal de Unións de Feito non Matrimoniais do Concello de Amoeiro acreditará a constitución, extinción e resto das declaracións relativas ás unións sen prexuízo de proba en contrario.
O Concello de Amoeiro dará a tódalas unións de feito non matrimoniais inscritas no rexistro a mesma consideración xurídica e administrativa cós matrimonios, salvo que a normativa en vigor dispoña o contrario ou esixa determinados requisitos documentais, de feito ou de calquera outro tipo, para os correspondentes efectos.
Artigo 7.- Publicidade.
A publicidade do Rexistro de Unións de Feito non Matrimoniais do Concello de Amoeiro quedará limitada exclusivamente á expedición de certificacións dos seus asentos a pedimento de calquera dos membros da unión ou dos xuíces e tribunais de xustiza.
Artigo 8.- Órgano competente.
O Rexistro Municipal de Unións de Feito non Matrimoniais estará a cargo da Secretaría Xeral do Concello de Amoeiro.
Artigo 9.- Gratuidade.
As inscricións que se practiquen e as certificacións que se expidan serán gratuítas.
Artigo 10.- Procedemento.
1. Coas solicitudes de inscrición achegarase fotocopia compulsada do DNI e a documentación sinalada no artigo 5 deste regulamento.
2. As solicitudes presentaranse no rexistro de entrada do Concello, onde se comprobará a documentación presentada ese procederá á apertura dun expediente administrativo por cada solicitude.
3. Se a solicitude de inscrición non reunise os requisitos esixidos neste regulamento, requirirase ós/ás interesados/as para que no prazo de dez días emenden os defectos coa indicación de que, se non o fixeran, se lles terá por desistidos na súa solicitude, arquivándose sen máis trámite.
4. Cumpridos os requisitos establecidos ditarase a correspondente resolución da Alcaldía, na que se disporá a inscrición solicitada no libro do rexistro, ou, de se-lo caso, a denegación motivada, notificándollelo ós interesados.
5. A inscrición material dos contratos reguladores das relacións persoais e patrimoniais realizarase no libro de rexistro de forma extractada, no que se fará referencia ó documento ou ó correspondente expediente administrativo.
6. No caso de que a inscrición destes contratos fora posterior ó acto de inscrición da unión de feito non matrimonial, solicitarase por escrito a comparecencia persoal dos dous membros dela.
Disposición final.
Este regulamento, do que a súa redacción definitiva foi aprobada polo Pleno da Corporación na sesión que tivo lugar o 25 de xaneiro de 2007, entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.
Amoeiro, 21 de marzo de 2007. O Alcalde.
ORDENANZA REGULADORA DA TARXETA DE ESTACIONAMIENTO
(BOP Nº 238 DATA: 16/10/2001)
EDICTO
Elevouse a definitivo, por non presentaren reclamacións, o acordo do Pleno deste Concello adoptado na sesión do día 10 de agosto de 2001, de aprobación inicial da Ordenanza reguladora da tarxeta de estacionamiento, que se transcribe a continuación e da referida ordenanza, que se achega como anexo deste edicto. Faise público en cumplimiento do disposto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.
Contra a aprobación definitiva da devandita ordenanza, pódese interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir da data da integra publicación da ordenanza no BOP.
“4.- Ordenanza reguladora da tarxeta de estacionamiento.
Baseándose no disposto na Lei 8/1997, do 20 de agosto, de “accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia” e no Decreto 35/2000, do 28 de Janeiro, polo que se aproba o Regulamento da citada lei, sométese ó exame da Corporación a “Ordenanza reguladora da tarxeta de estacionamento” redactada polos Servicios Sociais.
A Corporación, por unanimidade dos señores asistentes, acorda:
Primeiro: aproba-la “Ordenanza reguladora da tarxeta de estacionamento” nos termos nos que está redactada.
Segundo: Que se expoña ó público polo prazo de 30 días para que se poidan presentar reclamacións.
Terceiro: Que no suposto de que non presentaran reclamacións, entenderase definitivamente aprobada debendo cumplirse o trámite da súa publicación íntegra no BOP”
Amoeiro, 3 de outubro de 2001. O Alcalde.
Anexo
Ordenanza reguladora da tarxeta de estacionamento
Exposición de motivos.
O Artigo 49 da Constitución española encoméndalles ós poderes públicos a realización dunha política de previsión, tratamento, rehabilitación e integración dos disminuídos físicos, psíquicos e sensoriales, ós que lles prestarán a atención específica que requiran e ós que ampararán especialmente para o goce dos dereitos que a Constitución lles outorga a tódolos cidadáns.
A Comunidade Autónoma, segundo as anteriores competencias e da competencia exclusiva que en materia de acción social lle atribúe o artigo 27.23 do Estatuto de Autonomía de Galicia, aprobou a Lei 8/1997, do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia, e establece a obrigatoriedade de dictar unha serie de medidas para conseguir que as persoas con minusvalía ou aquelas que ven a súa mobilidade reducida teñan unha maior capacidade para integrarse na sociedade. Dentro das medidas que poden ser impulsadas e promovidas polos Concellos destaca a da tarxeta de escionamento, e o Decreto 35/2000 do 28 de Janeiro, polo que se aproba o regulamento dela. Isto supón a creación dunha ordenanza que regule de xeito concreto este tema.
Artigo 1º.- Establécense dous tipos de tarxetas de estacionamento para persoas con minusvalidez:
A solicitude someterase a informe preceptivo da traballadora social que analizará se o grao e tipo de discapacidade justifica o outorgamento da tarxeta.
Artigo 4º.- A validez das tarxetas será de cinco anos nos casos de que a dificultade de desprazamento sexa permanente. Ó transcorreren estes renovarase ante a solicitude na que se faga constar que as condicións de concesión se manteñen na súa totalidade. Deberá entregar tamén dúas fotografías do titular da tarxeta.
No caso de que as dificultades sexan temporais, a tarxeta caducará no prazo que se establecera no decreto de concesión. Pódese prorrogar ante a solicitude do interesado acompañada do certificado emitido polo EVO, que testemuñe a súa dificultade.
No caso de cambio de domicilio ou cambio de centro de traballo, comunicarao o particular, xustificándoo documentalmente, indicando as novas necesidades de aparcamento.
Corresponderalle a concesión da tarxeta ó alcalde, que deberá resolver motivadamente no prazo dun mes contado desde a recepción do informe emitido polo EVO.
Artigo 5º.- Terán validez neste municipio as tarxetas emitidas por calquera municipio da Unión Europea, sempre que conteñan os datos básicos establecidos nesta ordenanza.
Artigo 6º.- As características da tarxeta serán as seguintes:
Lonxitude: 106 mm
Altura: 148 mm
Cor: azul claro, salvo o símbolo branco que representa, sobre fondo azul escuro, unha persoa en cadeira de rodas.
Cada unha das caras estará dividida en dúas metades. No anverso figurará:
* Na metade esquerda:
. O símbolo de conductor de cadeira de rodas en branco sobre fondo azul.
. O período de validez da tarxeta
. O número de serie da tarxeta de estacionamento.
. O Concello de Amoeiro, o nome da autoridade que a concede e o selo do Concello.
. Número de matrícula do vehículo, no caso de que a teña.br>
* Na metade dereita figurará:
. “Tarxeta de estacionamento para persoas con minusvalidez” en letras negras maiúsculas. A continuación, e suficientemente separada, en maiúsculas, a inscrición “Tarxeta de estacionamento” nas lenguas da Unión Europera.
. A continuación a frase “Modelo das comunidades europeas”
. O fondo da tarxeta, o indicativo do Estado español dentro do símbolo da Unión Europea: o círculo de 12 estrelas.
No reverso figurará
* Na metade esquerda:
. A fotografía do titular
. Os apelidos e o nome do titular
. Sinatura do titular ou outra marca autorizada
* Na metade dereita:
. A frase: “Esta tarxeta dá dereito a utiliza-las correspondentes facilidades de estacionamento para persoas con minusvalidez vixentes no lugar do país onde se encontre o titular”.
. A frase: “Cando se utilice esta tarxeta deberá colocarse na parte dianteira do vehículo, de maneira que unicamente o anverso da tarxeta sexa visible para o seu control en galego e en castelán.
Disposición final:
A presente ordenanza entrará en vigor o día seguinte da publicación do seu texto íntegro no BOP, unha vez transcurrido o prazo prescrito no artigo 65.2 da Lei 7/1985, reguladora das bases de réxime local.
Amoeiro, 3 de outubro de 2001. – O Alcalde.
Logo de remata-lo prazo para presentar reclamacións contra o acordo adoptado polo Concello en Pleno na sesión realizada o día 25 de setembro de 2003 e publicado no Boletín Oficial da Provincia n.º 242 de data 20 de outubro de 2003, relativo á modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola subministración de auga e acometidas ou enganches á rede xeral de abastecemento, sen formularen reclamacións, de conformidade co disposto no artigo 17.3 da Lei 39/1988, queda definitivamente aprobada e procédese a publicación íntegra do seu texto de conformidade co previsto no artigo 17.4 da citada lei
O acordo do Concello en Pleno, adoptado na sesión do día 25 de setembro de 2003, di na súa parte dispositiva:
“A Corporación, por maioría absoluta, con sete votos a favor do Grupo popular, tres votos en contra do Grupo BNG e de D.Antonio Piñeiro Fernández do Grupo Mixto, e unha abstención de D. José Manuel Rodríguez Novoa do Grupo Mixto, ACORDA
1º. Aprobar, provisionalmente, a modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola subministración de auga e acometidas ou enganches á rede xeral de abastecemento.
2º. Que de conformidade co artigo 17 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, se expoña este acordo ó público polo prazo de trinta días, para que durante este prazo os interesados poidan examina-lo expediente e presenta-las reclamacións e suxestións que estimen oportunas, debéndose publicar anuncios no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios deste concello.
3º. Que no suposto de que non se presentasen reclamacións ou suxestións contra del, considerarase definitivamente aprobado, debendo cumprirse o trámite da publicación do texto íntegro da ordenanza no Boletín Oficial da Provincia de conformidade co disposto no artigo 17.3 e 4 da Lei 39/1988.
4º. A referida ordenanza entrará en vigor unha vez publicada no BOP e transcorrido o prazo a que se refire o art. 70.2, en relación co 65.2 da Lei 7/1985, e comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2004”.
Contra a aprobación definitiva da devandita ordenanza pódese interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir da data da publicación íntegra da ordenanza no Boletín Oficial da Provincia.
Amoeiro, 28 de novembro de 2003. O alcalde.
ORDENANZA FISCAL DA TAXA POLA SUBMINISTRACIÓN DE AUGA E ACOMETIDAS OU ENGANCHES Á REDE XERAL DE ABASTECEMENTO
Artigo 1º.-
Este Concello, conforme co disposto no artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e de acordo co previsto no artigo 20 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, establece a taxa pola distribución de auga, incluídos os dereitos de enganche de liñas que se regulamentará pola presente ordenanza, redactada conforme co disposto no artigo 16 da Lei 39/1988 citada.
Artigo 2.-
Constitúe o feito impoñible da taxa regulamentada nesta ordenanza o abastecemento domiciliario de auga potable como servicio municipal, explotándose por conta e en beneficio deste Concello, así como o dereito de enganche á rede xeral de abastecemento.
Artigo 3.-
Son suxeitos pasivos desta taxa en concepto de contribuíntes as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, que soliciten ou resulten beneficiadas polos servicios ós que se refire esta ordenanza.
Terán a consideración de substitutos do contribuínte os propietarios das vivendas ou locais ós que provexa de servicio, os cales poderán repercutir, de se-lo caso, as cotas sobre os respectivos beneficiarios.
Artigo 4.-
Serán responsables solidarios das obrigas tributarias dos suxeitos pasivos as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.
Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.
Artigo 5.-
1.- A contía da taxa reguladora nesta ordenanza será fixada nas tarifas contidas no apartado seguinte.
2.- Na presente taxa rexerán as seguintes cantidades e polos conceptos que se indican: IVE non incluído.
2.a) Por dereitos de acometida ou enganche á rede, 21 euros.
2.b) Polo consumo de auga aplicaranse as seguintes tarifas trimestralmente:
Cota de servicio trimestral, 1,80 euros por cada m3.
- De 0 a 20 m3, 0,18 euros por cada m3.
- De 20 a 40 m3, 0,21 euros por cada m3.
- De 40 a 60 m3, 0,42 euros por cada m3.
- De 60 a 100 m3, 1,80 euros por cada m3.
- De 100 m3 en diante, 3,60 euros por cada m3.
As cotas dos recibos deberán ser elaboradas polos tramos establecidos no apartado anterior, e non se aplicará ó total do consumo o importe máximo da cota.
Artigo 6.-
A) Servicios periódicos.-
A obriga do pagamento da taxa regulamentada nesta ordenanza nace desde que se inicie a prestación do servicio, e a súa facturación e cobro farase con periodicidade trimestral.
B) Servicios non periódicos.-
Percibirase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a prestación do servicio ou actividade.
Artigo 7.-
1. Para os efectos da súa cobranza, por parte do Concello formarase un padrón no que figurarán os contribuíntes deste, do cal se dará publicidade, para os efectos de reclamacións, no Boletín Oficial da Provincia.
2. O pagamento da dita taxa efectuarase no momento da presentación, ó obrigado a realizalo, do correspondente documento cobratorio, para o cal, os servicios deste Concello efectuarán previamente a correspondente lectura de contadores, sen a cal non poderá xirarse o dito documento.
3. As cotas liquidadas e non satisfeitas no período voluntario e a súa prórroga faranse efectivas pola vía de prema consorte coas normas do Regulamento xeral de recadación.
Artigo 8.-
Consideraranse partidas falidas ou créditos incobrables aquelas cotas que non puideran facerse efectivas polo procedemento de constrinximento; para esta declaración formalizarase o oportuno expediente de acordo co previsto no Regulamento xeral de recadación.
Artigo 9.-
1. En todo o relativo a cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que a estas lles correspondan en cada caso, ateranse ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.
2. As infraccións a esta ordenanza que non constitúan defraudación serán resoltas pola Alcaldía na forma e contía previstas nas disposicións vixentes.
Artigo 10.-
Toda autorización para gozar do servicio de subministración de auga levará aparellada a obriga de instalar contador, debendo ser individual para cada vivenda ou local; será colocado en sitio visible e de fácil acceso, para que permita a clara lectura do consumo deste.
Artigo 11.-
A subministración de auga a domicilio confírelle ó usuario do servicio a facultade de consumir auga para usos domésticos ou non domésticos, entendéndose por uso domésico tódalas aplicacións para atende-las necesidades de vida e hixiene persoal, doméstica e de lavado de roupa, e por uso non doméstico enténdese a subministración de auga a calquera local que non teña a consideración de vivenda.
Artigo 12.-
A utilización da subministración de auga farase tomando o abonado a que necesite, determinándose o volume consumido mediante un aparello contador.
Artigo 13.-
Queda prohibido utiliza-la auga da rede xeral de abastecemento para encher piscinas, regar xardíns, leiras ou lavar automóbiles coa mangueira de presión. Non obstante, durante as épocas de abundancia de auga, a Alcaldía poderá autorizar tales usos mediante bandos xerais, sempre que quede garantido o abastecemento doméstico e non doméstico.
Artigo 14.-
1. O Concello en ningún caso garante a cantidade da subministración, que sempre terá carácter de precaria para os usuarios, así como tampouco responde nin se reponsabiliza dos posibles danos, perdas ou deterioracións que puidera causar nos bens destes a falta ou insuficiencia de auga.
2. O Concello, por resolución da Alcaldía, poderá ordena-lo corte da subministración de auga a calquera usuario que utilice a auga para os usos prohibidos ós que se refire o artigo anterior.
A rehabilitación do servicio levará consigo o pagamento de novos dereitos de acometida.
3. A Alcaldía poderá ordena-lo corte da subministración por impago do usuario de seis meses consecutivos. A rehabilitación farase despois do pagamento do axeitado, con novos dereitos de acometida.
4. Todo corte da subministración de auga deberá ser autorizado previamente pola Consellería de Industria e Comercio, previa a instrucción do correspondente expediente.
Artigo 15.-
1. O Concello, por medio dos seus empregados e axentes, ten o dereito de inspección e vixilancia das conduccións, instalacións e aparellos, tanto en vías públicas ou privadas coma en predios particulares. Ningún abonado poderá oporse á entrada nas súas propiedades para a inspección do servicio, que deberá levarse a cabo en horas de luz solar, agás casos graves ou urxentes, ó xuízo da Alcaldía.
2. A facultade conferida no punto anterior enténdese limitada a tomas de auga da rede xeral e á posible existencia de inxertos ou derivacións non controladas, como usos distintos dos autorizados, así como das defraudacións en xeral.
3. En caso de oporse o usuario ó establecido nos puntos anteriores, procederase ó corte da subministración e para restablecela deberá autorizarse a inspección, debendo aboarse novos dereitos de acometida.
Artigo 16.-
1. As sancións que, por incumprimento do establecido nesta ordenanza, impoñan a Alcaldía consistirán no pagamento do duplo da tarifa que corresponda segunda a lectura do contador.
2. En caso de que se defraudara por calquera tipo de manipulación de lectura do contador correspondente, ou se realizase calquera tipo de acción conducente a evita-la dita lectura, este Concello fará unha estimación da cantidade consumida polo defraudador equivalente a 100 metros cúbicos, aplicándoselle ó importe que corresponda a sancións que se establece no punto anterior.
3. Tanto nos casos establecidos nos dous puntos anteriores do presente artigo, coma en tódolos actos que sexan sancionables pola administración municipal, está sanción irá sempre acompañada do aboamento por parte do infractor de novos dereitos de acometida.
Disposición final
A presente ordenanza fiscal, aprobada polo Pleno da Corporación na sesión de data 25 de setembro de 2003, entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2004, continuando vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación.
Amoeiro, 25 de setembro de 2003.
O alcalde. A secretaria.
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA RECOLLIDA DO LIXO
Edicto
Elevouse a definitivo, por non presentaren reclamacións, o acordo plenario adoptado na sesión que tivo lugar o día 25 de setembro e 2003, de aprobación provisional da modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola recollida do lixo, que se transcribe a continuación na súa parte dispositiva. Faise público en cuprimento do disposto no artigo 17.4 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, achegándose como anexo a este edicto o texto íntegro da ordenanza fiscal citada.
“A Corporación, por maioría absoluta, con sete votos favor do Grupo Popular, tres votos en contra do Grupo BNG e de D. Antonio Piñeiro Fernández do Grupo Mixto, e unha abstención de D. José Manuel Rodríguez Novoa do Grupo Mixto, ACORDA:
Primeiro.- Aprobar, provisionalmente, a modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola recollida do lixo na forma en que foi redactada.
Segundo.- Que de conformidade co artigo 17 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, se expoña este acordo ó público polo prazo de trinta días, para que durante este prazo os interesados poidan examina-lo expediente e presenta-las reclamacións e suxestións que estimen oportunas, debéndose publicar anuncios no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios deste concello.
Terceiro.- Que no suposto de que non se presentasen reclamacións ou suxestións contra del, considerarase definitivamente aprobado, debendo cumprirse o trámite da publicación do texto íntegro da ordenanza no Boletín Oficial da Provincia, de conformidade co disposto no artigo 17.3 e 4 da Lei 39/1988.
Cuarto.- A referida ordenanza entrará en vigor unha vez publicada no BOP e transcorrido o prazo a que se refire o artigo 70.2 en relación co 65.2 da Lei 7/1985 e comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2004”.
Contra a aprobación definitiva da devandita ordenanza pódese interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da data da íntegra publicación da ordenanza no Boletín Oficial da Provincia.
Amoeiro, 28 de novembro de 2003. O alcalde.
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA RECOLLIDA DE LIXO
Art.1.- Fundamento e natureza.
No uso das facultades concedidas polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 ó 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello ten establecida a “taxa pola recollida de lixo”, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal que se modifica, cunhas normas que atenden ó previsto no artigo 58 da citada Lei 39/1988.
Art. 2.- Feito impoñible.
1. Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación do servicio de recepción obrigatoria de recollida de lixo domiciliario e residuos sólidos urbanos de vivendas, aloxamentos e locais ou establecementos onde se exercen actividades industriais, comerciais, profesionais, artísticas e de servicios.
2. Para tal efecto, considérase lixo domiciliario e residuos sólidos urbanos os restos e desperdicios de alimentación ou detritos procedentes da limpeza normal de locais ou vivendas, excluíndo de tal concepto os residuos de tipo industrial, entullos de obras, detritos humanos, materias e materiais contaminados, corrosivos, perigosos ou que a recollida ou vertido esixa a adopción de especiais medidas hixiénicas, profilácticas ou de seguridade.
3. Non está suxeita á taxa a prestación, de carácter voluntario e a instancia de parte, dos seguintes servicios:
a) Recollida de lixo e residuos non cualificados e domiciliarios e urbanos de industrias, hospitais e laboratorios.
b) Recollida de escouras e cinzas de calefaccións centrais.
c) Recollida de entullos de obras.
Art. 3.- Suxeitos pasivos.
1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, que ocupen ou utilicen as vivendas e locais situados nos lugares, prazas, rúas ou vías públicas nas que se preste o servicio, ben sexa a título de propietario ou usufructuario, habitacionista, arrendatario ou, incluso, de precario.
2. Terá a consideración de suxeito pasivo substituto do contribuínte o propietario das vivendas ou locais, que poderá repercutir, se é o caso, as cotas satisfeitas sobre os usuarios daquelas, beneficiarios do servicio.
Art. 4.- Responsables.
1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas ás que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.
Art. 5.- Exencións, reduccións e demáis beneficios legalmente aplicables.
De conformidade co establecido no artigo 9 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, non se recoñece beneficio tributario ningún, salvo os que sexan consecuencia do establecido nos tratados ou acordos internacionais ou veñan previstos en normas con rango de lei.
Art. 6.- Cota tributaria.
1. A cota tributaria consistirá nunca cantidade fixa, por unidade de local, que se determinará en función da natureza e destino dos inmobles.
2. Para tal efecto, aplicaranse as seguintes tarifas:
Epígrafe 1.- Vivendas.
(De toda clase), 30,05 euros.
Epígrafe 2.- Pequenas industrias e comercios.
(Bares, cafés, mesóns, carnicerías, panaderías, pequenos talleres de todo tipo, farmacias, supermercados non superiores a 150 m2, pequenos comercios, restaurantes de comedores de menos de 70 m2, hoteis de menos de 15 camas e similares), 54,09 euros.
Epígrafe 3.- Industrias e comercios medianos e grandes.
(Talleres e empresas medianas e grandes, supermercados superiores a 150 m2, restaurantes de máis de 70 m2 de comedor, hoteis de máis de 15 camas, estacións de servicio, almacéns, colexios, serradoiros, fábricas de mobles, bancos e caixas, plantas embotelladoras de bebidas e similares e comercios superiores a 150 m2), 78,13 euros.
3.- As cotas sinaladas na tarifa teñen carácter irreductible e corresponden a doce meses.
Art. 7.- Obriga de contribuír.
Percíbese a taxa e nace a obriga de contribuír desde o momento no que se inicie a prestación do servicio, entendéndose iniciada, dada a natureza de recepción obrigatoria deste, cando estea establecida e en funcionamento o servicio municipal de recollida de lixo domiciliario, nas rúas ou lugares onde figuren as vivendas ou locais utilizados polos contribuíntes suxeitos á taxa.
Art. 8.- Declaración e ingreso.
1. Dentro dos trinta días hábiles seguintes á data en que se perciba por primeira vez a taxa, os suxeitos pasivos formalizarán a súa inscrición en matrícula, presentando para o efecto, a correspondente declaración de alta e ingresando simultáneamente a cota do primeiro ano.
2. Cando se coñeza, xa de oficio ou por comunicación dos interesados, calquera variación dos datos figurados na matrícula, levarase a cabo nesta as modificacións correspondentes, que producirán efectos a partir do período de cobranza seguinte ó da data na que se efectuase a declaración.
3. O cobro das cotas efectuarase anualmente mediante recibo derivado de matrícula.
Art. 9.- Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que a estas lles correspondan en cada caso, ateranse ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria e demais normativa aplicable.
Disposición final.
A presente ordenanza fiscal, da que a súa redacción definitiva foi aprobada polo Pleno da Corporación na sesión realizada o 25 de setembro de 2003, entrará en vigor o seguinte día da súa publicación no BOP e será de aplicación a partir do 1 de xaneiro de 2004, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa
O alcalde. A secretaria.
Edicto
Finalizado o prazo para a presentación de reclamacións contra o acordo adoptado polo Concello Pleno en sesión celebrada o día 29 de novembro de 2007 e publicado no Boletín Oficial da Provincia n.º 288 de data 17 de decembro de 2007, relativo á aprobación da Ordenanza reguladora da taxa pola prestación do servizo público de axuda a domicilio sen formularse reclamacións, de conformidade co disposto no art.º 17.3 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, queda definitivamente aprobada e procédese á publicación íntegra do seu texto de conformidade co previsto no art.º 17.4 do citado real decreto lexislativo. O acordo do Concello en Pleno adoptado na sesión do día 29 de novembro de 2007 di na súa parte dispositiva:
“Sometido a votación o asunto, a Corporación, por maioría absoluta, con seis votos a favor do Grupo Socialista e BNG e catro abstencións do Grupo Popular, ACORDA :
Primeiro.- Impoñe-la taxa pola prestación do servizo público de axuda a domicilio do Concello de Amoeiro.
Segundo.- Aproba-la ordenanza reguladora na forma en que foi redactada.
Terceiro.- Que de conformidade co artigo 17 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, se expoña ó público polo prazo de trinta días, para que durante este prazo os interesados poidan examina-lo expediente e presenta-las reclamacións e suxestións que estimen oportunas. Deberanse publicar anuncios no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios deste concello.
Cuarto.- Que no suposto de que non se presentasen reclamacións ou suxestións contra este, considerarase definitivamente aprobado o acordo de imposición e ordenación da citada taxa, debendo cumprirse o trámite da publicación do texto íntegro da ordenanza no Boletín Oficial da Provincia, de conformidade co disposto no artigo 17.3 e 4. do Real decreto legislativo 2/2004, do 5 de marzo.
Quinto.- A referida ordenanza entrará en vigor unha vez publicada no BOP e transcorrido o prazo a que se refire o art. 70.2. en relación co 65.2 da Lei 7/1985, modificada pola Lei 57/2003, do 16 de decembro, de medidas para a modernización do goberno local. “
Contra a aprobación definitiva da devandita ordenanza pódese interpoñer recurso contencioso- administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados a partir da data da publicación íntegra da ordenanza no Boletín Oficial da Provincia.
Amoeiro, 28 de xaneiro de 2008. O alcalde.
Anexo
Ordenanza reguladora da taxa pola prestación do servizo público de axuda a domicilio no Concello de Amoeiro./Ano 2007.
Artigo 1.- Fundamento e natureza. Consonte co establecido no artigo 133.2 da Constitución española, o artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, os artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa pola prestación do servizo de axuda no fogar (en adiante SAF).
Artigo 2.- Feito impoñible. Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación do servizo de axuda no fogar nas modalidades e coas características establecidas na súa ordenanza reguladora publicada no BOP do 27-03-2000.
Artigo 3.- Suxeito pasivo. Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes as persoas físicas, xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria e o artigo 23 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, que se beneficien das actividades de axuda no fogar.
Artigo 4.- Responsables.
Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria.
Artigo 5.- Base impoñible. A base impoñible deste tributo estará en función da renda mínima. Para a aplicación das tarifas de cobro teranse en conta os seguintes conceptos:
- A renda mínima (RM) que é o importe íntegro da pensión non contributiva para cada ano, tendo en conta as pagas extraordinarias.
- A renda “per capita” mensual (RPC), tendo en conta as pagas extraordinarias.
Para fixa-la RPC mensual dividirase entre 12 tódolos ingresos que perciba a persoa ou persoas que constitúan o fogar (teñan ou non entre si relación de parentesco) en concepto de retribucións ou salarios, rendas, pensións, subsidios ou por calquera outro título.
Para remata-lo cálculo, a cantidade restante dividirase entre o número de persoas que constitúen a unidade familiar.
Rendas ou ingresos computables:
- Considéranse como tales os bens e dereitos dos que dispoña anualmente o beneficiario ou a unidade económica de convivencia, derivados tanto do traballo como do capital, así como calquera outros substitutivos daqueles.
- Entenderase por rendas de traballo as retribucións, tanto de diñeiro como en especie, derivadas do exercicio de actividades por conta propia ou allea. Equipáranse ás rendas de traballo as prestacións recoñecidas por calquera dos réximes de previsión social financiados con cargo a recursos públicos ou privados. Así mesmo, terán a consideración de ingresos substitutivos das rendas de traballo calquera outras percepcións supletorias destas a cargo de fondos públicos ou privados.
- Como rendas de capital computaranse a totalidade dos ingresos que proveñan de elementos patrimoniais, tanto de bens como de dereitos, considerándose segundo os seus rendementos efectivos. De non existiren, valoraranse conforme ás normas establecidas no imposto sobre a renda das persoas físicas, a excepción da vivenda habitualmente ocupada.
En todo caso computaranse as rendas ou ingresos, de calquera natureza que se teña dereito a percibir ou gozar, salvo as asignacións económicas por fillo a cargo para menores de 18 años, os subsidios de mobilidade, e compensación de gastos de transporte, previstos na Lei de integración social dos minusválidos, así como os premios ou recompensas outorgados a persoas minusválidas nos centros ocupacionais. No suposto de percepción de ingresos irregulares tomarase como referencia a media dos obtidos no ano anterior á solicitude e dividirase entre 12.
Artigo 6.- Cota tributaria. A contía da taxa calcularase a partir do custo por hora de servizo prestado (custo máximo/ hora 7,69 €). Esta cota é revisable anualmente e de forma automática, segundo o índice de prezos ó consumo (IPC) publicado polo Instituto Nacional de Estatística. Cada beneficiario do SAF participará economicamente en atención ós seus ingresos persoais e de toda a unidade económica de convivencia, así como en función do número de horas de servizo recibidas, polo que se lle establecerá unha media de número de horas mensuais de atención (segundo as necesidades do beneficiario/s e horario dispoñible no servizo) que dará orixe a unha contía fixa para o custo mensual do servizo. A porcentaxe da achega económica dos usuarios para financia-lo SAF establécese de acordo cos seus niveis de renda e co número da unidade familiar, sobre o custo por hora do servizo, clasificando os beneficiarios en catro apartados: a) Persoas que viven soas. b) Fogar con dúas persoas. c) Fogar con tres persoas. d) Fogar con catro ou máis persoas. A taxa que deberán pagar polo SAF por cada hora de traballo será a seguinte:
Situación económica; Unidades de convivencia RPC familiar sobre a R.M; Apartado a; Apartado b; Apartado c; Apartado d
Do 100% +1 ó 110% da RM; 5%; 10%; 15%; 20%
Do 110% + 1 ó 130% da RM; 15%; 25%; 30%; 40%
Do 130% + 1 ó 150% da RM; 30%; 40%; 50%; 60%
Do 150% + 1 ó 170% da RM ; 40%; 50%; 60%; 75%
Do 170% + 1 ó 210% da RM.; 50%; 60%; 80%; 100%
Do 210% + 1 ó 250% da RM; 80%; 80%; 100%; 100%
Do 250% + 1 ó 300% da RM; 100%; 100%; 100%; 100%
Atendendo ás diferentes circunstancias persoais, económicas e familiares de cada solicitante, poderase exceptuar total ou parcial a tarifa establecida, previo informe preceptivo do traballador social responsable do servizo de asistencia a domicilio.
Non poderán obte-la prestacións deste servizo aqueles demandantes que non estean empadroados no Concello de Amoeiro.
Artigo 7.- Beneficios fiscais. Quedarán exentas de pagamento destas taxas os usuarios con RPC por debaixo da RM. Os usuarios ós que, polas súas circunstancias económicas, se lles recoñeza a gratuidade na prestación de SAF deberán aboar una cota fixa anual do 1%, calculada en función do custo total do servizo recibido e dos meses de atención. Esta cota farase efectiva no mes de decembro de cada ano e será condición indispensable para a continuidade da atención que estiveran recibindo.
Artigo 8.- Dereito á percepción e período impositivo. A primeira utilización do servizo: producirase no momento de autorizala prestación de axuda polo órgano competente. Axudas xa concedidas: produciranse o primeiro día do mes natural seguinte. Non se admitirán períodos impositivos inferiores ó mes natural.
Artigo 9.- Liquidación e ingreso. Estarán obrigados ó pagamento da taxa regulado nesta ordenanza tódolos veciños ós que se lles resolva favorablemente a súa solicitude de axuda no fogar.
A obriga do pagamento por parte dos usuarios nace dende o momento no que se comece a presta-lo servizo de forma efectiva.
As liquidacións de ingresos practicaranse cada tres meses e pagaranse na segunda quincena do terceiro mes; a contía deberá ser ingresada na entidade bancaria designada polo Concello mediante domiciliación bancaria ou ingreso na dita entidade. As persoas que estean recibindo o SAF e se ausenten do seu domicilio por vacacións ou viaxes, deberán avisar con antelación ó departamento de Servizos Sociais do Concello.
Durante ese tempo, se desexan que se lles reserve a praza dentro de SAF, terán que seguir aboando a cota mensual correspondente.
No caso de que o beneficiario solicitase unha baixa voluntaria no servizo ou cando este non puidera prestarse por causas imputables ó propio usuario, practicarase a liquidación mensual correspondente a todo o mes na que esta se produza.
Se pola contra a dita baixa fora debida a causas non imputables ó propio usuario, a liquidación referirase soamente ós días concretos nos que se lle prestou o servizo; e se por causas de forza maior non se lle pode presta-lo servizo algún día do mes ou meses, a liquidación practicarase soamente ós días concretos nos que se lle prestou o servizo. Se o beneficiario non fai efectivo o pagamento, será apercibido e deberá responsabilizarse dos gastos que ocasione o dito apercibimento. De ser reincidente, os servizos sociais deberán informar á Comisión Municipal de Goberno para que adopte a oportuna resolución, podendo causar baixa no SAF. Se os beneficiarios falsean ou omiten a declaración a totalidade dos seus recursos económicos, tanto persoais como tamén os dos familiares que integran o seu fogar, co fin de aproveitarse dun servizo subvencionado ó que poderían non ter dereito, deberán devolver parcial ou totalmente o custo do servizo que recibían. Neste caso, unha vez incoado expediente e determinada a responsabilidade do usuario, practicarase a correspondente liquidación que será esixible polo procedemento de constrinximento.
Artigo 10.- Normas de xestión.
Coa solicitude da prestación do servizo xustificaranse os ingresos para a determinación da tarifa para aplicar.
As prestacións realizaranse tendo en conta a dispoñibilidade de medios para atende-las solicitudes, sen que o feito de cumplir coas condicións establecidas nesta ordenanza supoña o dereito a recibi-los servizos. No caso de imposibilidade para atender tódalas solicitudes haberá que aterse ós informes dos traballadores sociais. Os criterios para propoñe-la prestación do servizo, e a preferencia dunhas solicitudes sobre outras, serán o de menores ingresos por cabeza, o de maior estado de desprotección social ou familiar e o de maior dependencia física doutras persoas. No caso de reunir todos estes requisitos, as solicitudes terán preferencia por rigorosa orde de entrada. A baixa na prestación do servizo producirá efecto no mesmo día no que se solicite ou se declare de oficio. Poderase solicitar, cando así o estimen conveniente os servizos sociais, e polo menos unha vez ó ano, a documentación acreditativa na que se reflicta a súa capacidade económica. Disposición final. A presente ordenanza entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no BOP e permanecerá en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.
Amoeiro, 29 de novembro de 2007. O alcalde. A secretaria.
ORDENANZA MUNICIPAL DE CREACIÓN E SUPRESIÓN DE FICHEIROS CON DATOS DE CARÁCTER PERSOAL
BOP de Ourense nº 280 - 7 decembro 2006
Unha vez transcorrido o prazo de exposición ó público do acordo de aprobación inicial da Ordenanza municipal de creación e modificación de ficheiros con datos de carácter persoal do Concello de Amoeiro, adoptado na sesión do Pleno de data 28 de setembro de 2006, sen que se formulara ningunha reclamación ou suxestión, elévase a definitivo o acordo, segundo o prevé o artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.
Ordenanza municipal de creación e supresión de ficheiros con datos de carácter persoal
Exposición de motivos
A existencia de ficheiros de carácter persoal e os avances tecnolóxicos, singularmente os informáticos, supoñen posibilidades de intromisión no ámbito da privacidade e intimidade, así como de limitación do dereito á autodisposición das informacións que son relevantes para cada persoa. Por iso o ordenamento xurídico recoñece dereitos neste campo e establece mecanismos para a súa garantía. A Constitución española, no seu artigo 18, recoñece como dereito fundamental o dereito ó honor, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe e establece que “a lei limitará o uso da informática para garanti-lo honor e a intimidade persoal e familiar dos cidadáns e o pleno exercicio dos seus dereitos”.
O Tribunal Constitucional, interpretando este artigo, declarou na súa xurisprudencia, e especialmente nas súas sentenzas 290/2000 e 292/2000, que este protexe o dereito fundamental á protección de datos de carácter persoal, outorgándolle unha substantividade propia. Este dereito foi denominado pola doutrina como “dereito á autodeterminación informativa” ou “dereito á autodisposición das informacións persoais” e que, cando se refire ó tratamento automatizado de datos, se engade no concepto máis amplo de “liberdade informativa”.
A Lei orgánica de 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (LOPDCP), establece un conxunto de medidas para garantir e protexer este dereito fundamental.
É responsabilidade das administracións locais o concernente á creación, modificación ou supresión de ficheiros de datos de carácter persoal.
O artigo 20 da Lei 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, establece que a creación, modificación ou supresión de ficheiros das administracións públicas só poderán facerse por medio de disposición de carácter xeral publicada no Boletín Oficial do Estado ou diario oficial correspondente.
En consecuencia e de conformidade coas disposicións citadas, e ó abeiro da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e Lei 5/1997, do 22 xullo, de administración local de Galicia, a Corporación aprobou esta ordenanza:
Primeiro.- Creación e modificación de ficheiros.
Créanse os ficheiros de carácter persoal sinalados no anexo I Modifícanse os ficheiros de carácter persoal sinalados no anexo II.
Segundo.- Medidas de seguridade.
Os ficheiros automatizados que se crean mediante a presente ordenanza cumpren as medidas de seguridade establecidas no Real decreto 994/1998, do 11 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de medidas de seguridade dos ficheiros automatizados que conteñen datos de carácter persoal. (RMSFACP).
Terceiro.-Publicación
No prazo de 30 días hábiles, contados desde o día seguinte ó da publicación do acordo de aprobación inicial da presente ordenanza no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, os/as interesados/as poderán presenta-las reclamacións e alegacións que estimen pertinentes, así como exerce-los seus dereitos que a LOPDCP concede ó usuario de acceso, oposición, rectificación ou cancelación.
De conformidade co artigo 20.1 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal), a presente ordenanza será publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
Cuarto.- Entrada en vigor.
A presente ordenanza entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación integra no Boletín Oficial da Provincia de Ourense e unha vez transcorrido o prazo establecido no artigo 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, continuando en vigor ata a súa derrogación expresa polo Concello.
Anexo I
Ficheiro: Recursos Humanos
Órgano, ente ou autoridade administrativa responsable do ficheiro: Concello de Amoeiro (Ourense).
Nome e descrición do ficheiro que se crea: Xestión de nóminas de persoal e seguros sociais.
Carácter informatizado o manual estruturado do ficheiro: Papel.
Nivel de medidas de seguridade: Medidas de nivel alto.
Tipos de datos de carácter persoal que se incluirán no ficheiro: Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nº SS, mutualidade, nome e apelidos, enderezo (postal o electrónico), sinatura/pegada.
Datos de características persoais: estado civil, datos de familia, data de nacemento, lugar de nacemento, idade, sexo.
Datos de detalle de emprego: corpo/escala, categoría/grao, postos de traballo, datos económicos de nómina, historial do traballador.
Datos académicos e profesionais: formación e titulacións, experiencia profesional.
Datos económicos, financeiros e de seguros: ingresos e rendas, datos bancarios, datos económicos de nóminas.
Datos especialmente protexidos: saúde (certificados dos graos de minusvalía).
Descrición detallada da finalidade do ficheiro e os usos previstos nel: Xestión de recursos humanos e pagamento de nóminas dos empregados públicos do Concello.
Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resultan obrigados a subministralos: Empregados do Concello.
Procedencia ou procedemento de recollida dos datos:
Procedencia dos datos: o/a propio/a interesado/a ou o seu representante legal, outras persoas físicas distintas do afectado ou o seu representante, rexistros públicos, administracións públicas.
Procedemento de recollida: formularios ou cupóns.
Órganos e entidades destinatarios das cesións previstas: A cesión dos datos que contén este ficheiro, sen necesidade do consentimento da persoa afectada, soamente se poderá realizar a prol doutras administracións públicas con competencias nesta materia e ó abeiro do que dispoñen as leis reguladoras da función pública, a Lei xeral de seguridade social, a Lei xeral tributaria e a súa normativa complementaria. Son destinatarios das cesións: o Instituto Nacional de Seguridade Social, a Axencia Estatal de Administración Tributaria, así como aquelas administracións e organismos públicos con competencia nesta materia.
Ficheiro: Censo do Imposto de Actividades Económicas
Órgano, ente ou autoridade administrativa responsable do ficheiro: Concello de Amoeiro (Ourense).
Nome e descrición do ficheiro que se crea: Censo do imposto de actividades económicas: profesionais, titulares ou representantes de empresas sometidos ó imposto de actividades económicas.
Carácter informatizado ou manual estruturado do ficheiro: Papel.
Nivel de medidas de seguridade: Medidas de nivel medio.
Tipos de datos de carácter persoal que se incluirán no ficheiro: Datos de carácter identificativo: DNI/NIF.., nome e apelidos, enderezo (postal ou electrónico).
Datos de información comercial: actividades negocios, licenzas comerciais:
Descrición detallada da finalidade do ficheiro e os usos previstos nel: Xestión do imposto de actividades económicas.
Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resultan obrigados a subministralos:
Persoas con actividades empresariais no Concello.
Procedencia ou procedemento de recollida dos datos: Procedencia dos datos: o/a propio/a interesado/a ou o seu representante legal, outras persoas físicas distintas do afectado/a ou o seu representante, rexistros públicos, administracións públicas.
Procedemiento de recollida: formularios ou cupóns.
Órganos e entidades destinatarios das cesións previstas, indicando de forma expresa as que constitúan transferencias internacionais: A cesión dos datos que contén este ficheiro, sen necesidade do consentimento da persoa afectada, soamente se poderá realizar a prol doutras administracións públicas con competencia nesta materia.
Son destinatarios das cesións: a Axencia Estatal de Administración Tributaria, a Deputación Provincial de Ourense, así como aquelas administracións e organismos públicos con competencia nesta materia.
Ficheiro: Padróns Impositivos
Órgano, ente ou autoridade administrativa responsable do ficheiro: Concello de Amoeiro (Ourense).
Nome e descrición do ficheiro que se crea: Recadación por padróns impositivos: censo do IBI urbana/rústica, censo do imposto de vehículos de tracción mecánica, taxas e prezos públicos en xeral.
Carácter informatizado ou manual estruturado do ficheiro: Papel.
Nivel de medidas de seguridade: Medidas de nivel básico.
Tipos de datos de carácter persoal que se incluirán no ficheiro: Datos de carácter identificativo: DNI/NIF.., nome e apelidos, enderezo (postal ou electrónico).
Datos de bens inmobles: identificación, valor catastral e outros datos catastrais.
Datos relativos a vehículos: marca, modelo, potencia fiscal, matrícula, data da primeira matrícula.
Datos económicos e financeiros: datos bancarios. (nº de c/c no caso de recibos domiciliados).
Descrición detallada da finalidade do ficheiro e os usos previstos nel: Xestión da recadación dos distintos impostos.
Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resultan obrigados a subministralos:
Persoas con actividades empresariais ou propietarios/as de bens obrigados a tributar neste municipio.
Procedencia ou procedemento de recollida dos datos: Procedencia dos datos: o/a propio/a interesado/a ou o seu representante legal, outras persoas físicas distintas do afectado/a ou o seu representante, rexistros públicos, administracións públicas.
Procedemento de recollida: formularios ou cupóns.
Órganos e entidades destinatarios das cesións previstas, indicando de forma expresa as que constitúan transferencias internacionais: A cesión dos datos que contén este ficheiro, sen necesidade do consentimento da persoa afectada, soamente se poderá realizar a prol doutras administracións públicas con competencia nesta materia ó amparo do disposto nas leis reguladoras da función pública e o abeiro da Lei reguladora das bases de réxime local. Son destinatarios das cesións: a Axencia Estatal de Administración Tributaria, Comunidade Autónoma de Galicia (Recadación Executiva), Mancomunidade de concellos desta comarca, a Deputación Provincial de Ourense, así como aquelas administracións e organismos públicos con competencia nesta materia.
Ficheiro: Servizos Sociais
Órgano, ente ou autoridade administrativa responsable do ficheiro: Concello de Amoeiro (Ourense).
Nome e descrición do ficheiro que se crea: SIUSS (Sistema de Usuarios de Servizos Sociais), solicitantes e destinatarios efectivos ou potenciais de servizos sociais prestados polo Concello.
Carácter informatizado ou manual estruturado do ficheiro: Informatizado/papel.
Nivel de medidas de seguridade: Medidas de nivel alto.
Tipos de datos de carácter persoal que se incluirán no ficheiro: Datos de carácter identificativo: DNI/NIF/NSS (número de Seguridade Social)/mutualidade, nome e apelidos, enderezo (postal ou electrónico), teléfono, marcas físicas.
Datos de características persoais: estado civil, data de nacemento, familia, lugar de nacemento, características físicas ou antropométricas, nacionalidade, sexo, idade, lingua materna.
Datos de circunstancias sociais: características de aloxamento, vivenda, propiedades, posesións, afeccións, estilos de vida.
Datos académicos e profesionais: datos de profesión.Experiencia profesional.
Datos económico e financeiros: bens patrimoniais.
Datos especialmente protexidos: saúde.
Descrición detallada da finalidade do ficheiro e os usos previstos nel: Xestión das prestacións sociais do municipio.
Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resultan obrigados a subministralos:
Solicitantes e destinatarios dos servizos sociais do Concello.
Procedencia ou procedemento de recollida dos datos:
Procedencia dos datos: o propio interesado ou o seu representante legal, outras persoas físicas distintas do afectado ou o seu representante, rexistros públicos, administracións públicas.
Procedemento de recollida: formularios ou cupóns, entrevistas persoais e familiares.
Órganos e entidades destinatarios das cesións previstas, indicando de forma expresa as que constitúan transferencias internacionais: A cesión dos datos que contén este ficheiro, sen necesidade do consentimento da persoa afectada, soamente se poderá realizar a prol doutras administracións públicas con competencias nesta materia. Son destinatarios das cesións: os órganos xudiciais e administrativos que xustificadamente o soliciten, dentro do seu ámbito de actuación competencial a Xunta de Galicia, a Mancomunidade de municipios da comarca, a Deputación Provincial de Ourense, así como aquelas administracións e organismos públicos con competencia nesta materia.
Ficheiro: Rexistro de Entradas e Saídas de Documentos.
Órgano, ente ou autoridade administrativa responsable do ficheiro: Concello de Amoeiro (Ourense).
Nome e descrición do ficheiro que se crea: Rexistro de entradas e saídas de documentos. Cidadáns que entregan documentos no rexistro de entrada do Concello ou ós que se dirixen escritos a través do rexistro de saída.
Carácter informatizado ou manual estruturado do ficheiro: Papel.
Nivel de medidas de seguridade: Medidas de nivel básico.
Tipos de datos de carácter persoal que se incluirán no ficheiro: Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, enderezo (postal ou electrónico), teléfono.
Datos relativos á materia á que se refiren os escritos rexistrados.
Descrición detallada da finalidade do ficheiro e os usos previstos nel: Xestión do rexistro de entradas e saídas de documentos.
Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resultan obrigados a subministralos:
Cidadáns que se comuniquen co concello ou outras administracións a través do rexistro de entradas e saídas.
Procedencia ou procedemento de recollida dos datos:
Procedencia dos datos: o/a propio/a interesado/a ou o seu representante legal, outras persoas físicas distintas do afectado/a ou o seu representante.
Procedemento de recollida: formularios ou cupóns, enquisas ou entrevistas.
Órganos e entidades destinatarios das cesións previstas, indicando de forma expresa as que constitúan transferencias internacionais: A cesión dos datos que contén este ficheiro, sen necesidade do consentimento da persoa afectada, soamente se poderá realizar a prol doutras administracións públicas con competencias nesta materia. Son destinatarios das cesións: a Comunidade Autónoma de Galicia e a Administración Xeral do Estado cando os escritos van dirixidos ás ditas administracións públicas.
Ficheiro: Rexistro de Animais Domésticos e Perigosos.
Órgano, ente ou autoridade administrativa responsable do ficheiro: Concello de Amoeiro (Ourense).
Nome e descrición do ficheiro que se crea: Control e rexistro de animais domésticos e perigosos de este Concello.
Carácter informatizado ou manual estruturado do ficheiro: Papel.
Nivel de medidas de seguridade: Medidas de nivel alto.
Tipos de datos de carácter persoal que se incluirán no ficheiro: Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, enderezo (postal ou electrónico), teléfono, marcas físicas, n.º SS/mutualidade.
Datos de características persoais: data de nacemento, idade.
Datos especialmente protexidos: saúde (certificados médicos do perfil psicolóxico do propietario/a), certificado de penais.
Datos do animal posuído: especie, raza, identificación, carácter ou non de animal perigoso, sanidade animal.
Descrición detallada da finalidade do ficheiro e os usos previstos nel:
Xestión do rexistro de animais domésticos e perigosos do municipio, control sanitario e responsabilidade civil.
Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resultan obrigados a subministralos:
Propietarios/as de animais domésticos e perigosos residentes no municipio.
Procedencia ou procedemento de recollida dos datos:
Procedencia dos datos: o/a propio/a interesado/a ou o seu representante legal, outras persoas físicas distintas do afectado/a ou o seu representante, rexistros públicos, administracións públicas.
Procedemento de recollida: formularios ou cupóns, entrevistas persoais e familiares.
Órganos e entidades destinatarios das cesións previstas, indicando de forma expresa as que constitúan transferencias internacionais: A cesión dos datos que contén este ficheiro, sen necesidade do consentimento da persoa afectada, soamente se poderá realizar a prol doutras administracións públicas con competencias nesta materia o abeiro do disposto polas leis reguladoras da función pública e o abeiro da Lei reguladora de bases de réxime local.
Son destinatarios das cesións: a Xunta de Galicia (Consellería de Medio Ambiente), a Mancomunidade de Municipios, así como aquelas administracións e organismos públicos con competencia nesta materia.
Ficheiro: Asociacións e Actividades Órgano, ente ou autoridade administrativa responsable do ficheiro: Concello de Amoeiro (Ourense).
Nome e descrición do ficheiro que se crea: Ficheiro de practicantes tanto individuais como das distintas asociacións e os seus integrantes nas actividades deportivas e culturais ou solicitantes de servizos e instalación municipais, usuarios de talleres, aula de cultura e biblioteca municipal.
Carácter informatizado ou manual estruturado do ficheiro: Papel.
Nivel de medidas de seguridade: Medidas de nivel básico.
Tipos de datos de carácter persoal que se incluirán no ficheiro:
Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, enderezo (postal ou electrónico), teléfono.
Datos de características persoais: idade, sexo.
Datos económicos: importe, procedemento de pagamento, domiciliación bancaria.
Datos sobre práctica deportiva: solicitude de utilización de servizos municipais de deporte, deportes practicados, actividades de concurso, seguro.
Descrición detallada da finalidade do ficheiro e usos previstos del: Xestión da prestacións de servizos e instalacións municipais relacionadas co deporte e coa cultura das distintas actividades.
Persoas e colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resultan obrigados subministralos:
Solicitantes das distinta instalacións tanto de asociacións como actividades deportivas e instalacións municipais individuais.
Procedencia ou procedemento de recollida dos datos:
Procedencia dos datos: o/a propio/a interesado/a ou representante legal, outras persoas físicas distintas do afectado/a ou o seu representante.
Procedemento de recollida: formularios ou cupóns, enquisas ou entrevistas.
Órganos e entidades destinatarias das cesións previstas, indicando de forma expresa as que constitúan transferencias internacionais:
As cesións dos datos que conten este ficheiro, sen necesidade de consentimento da persoa afectada, soamente se poderán realizar a prol doutras administracións públicas con competencias nesta materia, ó abeiro do disposto polas leis reguladoras da función pública ó abeiro da Lei reguladora das bases de réxime local.
Anexo II
Ficheiro: Contabilidade Pública (nivel: básico)
Código do rexistro que figura inscrito no Rexistro de Ficheiros de Datos Persoais da Axencia Española de Protección de Datos, n.º: 1943641087
2. Apartado da inscrición que se modifica:
10.- Procedencia e procedemento de recollida de datos:
10.c) Soporte utilizado para a súa obtención: Soporte papel. Soporte informático.
11.- Cesión ou comunicación de datos: 11.a) y 11.b)
Órganos e entidades destinatarios das cesións previstas, indicando de forma expresa as que constitúan transferencias internacionais:
A cesión dos datos que contén este ficheiro, sen necesidade do consentimento da persoa afectada, soamente se poderá realizar a prol doutras administracións públicas con competencias nesta materia e ó abeiro do que dispoñen a Lei xeral tributaria, a Lei reguladora das facendas locais e a súa normativa complementaria.
Son destinatarios das cesións: o Consello de Contas de Galicia, a Intervención Xeral do Estado, a Xunta de Galicia, así como aquelas administracións e organismos públicos con competencia nesta materia.
Ficheiro: Padrón de Habitantes (nivel: básico)
Código do rexistro que figura inscrito no Rexistro de Ficheiros
de Datos Persoais da Axencia Española de Protección de Datos,
n.º: 1943641088
2. Apartado da inscrición que se modifica:
10.- Procedencia e procedemento de recollida de datos:
10.c) Soporte utilizado para a súa obtención: Soporte papel.Soporte informático.
11.- Cesión ou comunicación de datos:
11.a) y 11.b)
Órganos e entidades destinatarios das cesións previstas, indicando de forma expresa as que constitúan transferencias internacionais:
A cesión dos datos que contén este ficheiro, sen necesidade do consentimento da persoa afectada, soamente se poderá realizar a prol doutras administracións públicas con competencias nesta materia e ó abeiro do que dispoñen a Lei reguladora das bases de réxime local, a Lei da función estatística pública e o Regulamento de poboación e demarcación territorial das entidades locais e a súa normativa complementaria. Son destinatarios das cesións: o Instituto Nacional de Estatística, así como aquelas administracións e organismos públicos con competencia nesta materia.
Amoeiro, 23 de novembro de 2006. O alcalde.
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA BONIFICACIÓN DA COTA DO IVTM DE VEHÍCULOS HISTÓRICOS
BOP Ourense Nº 285, 15 Decembro 2005
Edicto
Una vez finalizado o prazo para a presentación de reclamacións contra o acordo adoptado polo Pleno do Concello, na sesión que tivo lugar o día 29 de setembro de 2005, e publicado no Boletín Oficial da Provincia n.º 240, de data 19 de outubro de 2005, relativo á aprobación da Ordenanza fiscal reguladora da bonificación da cota do IVTM de vehículos históricos sen formularse reclamacións, de conformidade co disposto no artigo 17.3 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, queda definitivamente aprobada e procédese á publicación íntegra do seu texto de conformidade co previsto no artigo 17.4 do citado Real decreto lexislativo.
O acordo do Pleno do Concello, adoptado na sesión do día 29 de setembro de 2005, di na súa parte dispositiva:
“A Corporación, tras breve deliberación, por unanimidade, acorda :
Primeiro.- Establece-la bonificación do 100 por 100 na cota do imposto sobre vehículos de tracción mecánica para os vehículos históricos ou aqueles que teñan unha antigüidade mínima de vinte e cinco anos, contados a partir da data da súa fabricación ou, se esta non se coñecera, tomando como tal a da súa primeira matriculación ou no seu defecto, a data na que o correspondente tipo ou variante se deixou de fabricar, de conformidade co disposto no artigo 95.6.c) do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.
Segundo.- Aprobar provisionalmente a Ordenanza fiscal reguladora da bonificación da cota do imposto sobre vehículos de tracción mecánica de vehículos históricos na forma en que foi redactada.
Terceiro.- Que de conformidade co artigo 17 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, se expoña este acordo ó público polo prazo de trinta días, para que durante este prazo os interesados poidan examina-lo expediente e presenta-las reclamacións e suxestións que estimen oportunas. Os anuncios
deberanse publicar no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios deste concello.
Cuarto.- Que no suposto de que non se presentasen reclamacións ou suxestións contra este considerarase definitivamente aprobado, debendo cumprirse o trámite da publicación do texto íntegro da ordenanza no Boletín Oficial da Provincia, de conformidade co disposto no artigo 17.3 e 4 do Real decreto
lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.
Quinto.- A referida ordenanza entrará en vigor unha vez publicada no BOP e unha vez transcorrido o prazo a que se refire o artigo 70.2 en relación co 65.2 da Lei 7/1985.”
Contra a aprobación definitiva da devandita ordenanza pódese interpoñer recurso contencioso- administrativo ante o Xulgado do Contencioso–Administrativo de Ourense no prazo de dous meses contados a partir da data da íntegra publicación da ordenanza no Boletín Oficial da Provincia.
Amoeiro, 28 de novembro de 2005. O alcalde.
Anexo
Ordenanza fiscal da bonificación da cota do IVTM de vehículos históricos.
Artigo 1º.- De conformidade co previsto no artigo 95.6.c) do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, fíxase para os vehículos históricos ou aqueles que teñan unha antigüidade mínima de 25 anos contados a partir da data da súa fabricación, unha bonificación do 100% na cota do imposto sobre vehículos de tracción mecánica.
Artigo 2º.- No caso de non se coñece-la devandita data tomarase como tal a da súa primeira matriculación ou, no seu defecto, a data en que o correspondente tipo ou variante se deixou de fabricar.
Artigo 3º.- Os interesados deberán solicita-la bonificación achegando documentación que xustifique as circunstancias previstas nos dous artigos anteriores, sendo aprobada a bonificación pola Xunta de Goberno Local, se a devandita documentación é correcta.
Artigo 4º.- A dita bonificación será efectiva cando os titulares dos ditos vehículos estean ó corrente no pagamento do IVTM deles, ata o momento de formula-la correspondente solicitude de bonificación e ser aprobada esta.
Disposición final.- A presente ordenanza fiscal entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.
Amoeiro, 28 de novembro de 2005. O alcalde.
ORDENANZA POLOS SERVIZOS PRESTADOS POR LIMPEZA DE TERREOS E SOARES
Boletín Oficial Provincia de Ourense nº 44 · Luns, 23 febreiro 2009
Edicto
Unha vez finalizado o prazo para a presentación de reclamacións contra o acordo adoptado polo Pleno do Concello, na sesión que tivo lugar o día 27 de novembro de 2008 e publicado no Boletín Oficial da Provincia, n.º 291, de data 19 de decembro de 2008, relativo á aprobación da Ordenanza reguladora do prezo público polos servizos prestados por limpeza de terreos e soares sen formularse reclamacións, de conformidade co disposto no artigo 17.3 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, queda definitivamente aprobada e procédese á publicación íntegra do seu texto de conformidade co previsto no artigo do citado Real decreto lexislativo.
O acordo do Pleno do Concello, adoptado na sesión do día 27 de novembro de 2008, di na súa parte dispositiva:
“Sometido a votación o asunto, a Corporación, por unanimidade, acorda:
Primeiro.- Impoñe-lo prezo público polos servizos prestados por limpeza de terreos e soares.
Segundo.- Aproba-la ordenanza reguladora na forma en que foi redactada.
Terceiro.- Que de conformidade co artigo 17 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, se expoña ó público polo prazo de trinta días, para que durante este prazo os interesados poidan examina-lo expediente e presenta-las reclamacións e suxestións que estimen oportunas. Debéndose publicar anuncios no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios deste concello. Cuarto.- Que no suposto de que non se presentasen reclamacións ou suxestións contra este, considerarase definitivamente aprobado o acordo de imposición e ordenación do citado prezo público, debendo cumprirse o trámite da publicación do texto íntegro da ordenanza no Boletín Oficial da Provincia, de conformidade co disposto no artigo 17.3 e 4 do Real decreto legislativo 2/2004, do 5 de marzo.
Quinto.- A referida ordenanza entrará en vigor unha vez publicada no BOP e transcorrido o prazo a que se refire o artigo 70.2, en relación co 65.2 da Lei 7/1985, modificada pola Lei 57/2003, do 16 de decembro, de medidas para a modernización do goberno local.”
Amoeiro, 6 de febreiro de 2009.
Ordenanza fiscal
Ordenanza reguladora do prezo público polos servizos prestados por limpeza de terreos e soares
Artigo 1º: No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, artigos 6 e 329 e seguintes da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 e 41 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece o prezo público polos servizos prestados por limpeza de terreos e soares, que se rexerá por esta ordenanza fiscal, cuxas normas atenden ó previsto no artigo 17 do citado Real decreto lexislativo 2/2004.
Artigo 2º: Constitúe o obxecto desta exacción a utilización dos servizos técnicos municipais comprendidos na dita ordenanza, solicitado a instancia de persoas naturais, xurídicas, públicas ou privadas ou ben, no caso de incumprimento por parte do obrigado da orde de execución efectuada polo Concello nos supostos establecidos na Ordenanza municipal reguladora da limpeza de terreos e soares e medidas preventivas contra incendios forestais, co obxecto do seu mantemento en condicións de salubridade e seguridade.
Artigo 3º: O feito impoñible está constituído pola prestación do servizo por parte do persoal e maquinaria do Concello de Amoeiro.
Artigo 4º: A obriga de contribuír nacerá dende o momento en que teña lugar a prestación do servizo e se utilice persoal ou maquinaria do Concello.
Artigo 5º: Estarán obrigados ó pagamento:
a) Aquelas persoas naturais ou xurídicas, públicas ou privadas, que soliciten mediante instancia para os efectos a prestación do servizo.
b) Aquelas persoas que fagan caso omiso ós requirimentos e ordes de execución efectuadas polo Concello nos supostos establecidos na Ordenanza municipal reguladora da limpeza de terreos e soares e medidas preventivas contra incendios forestais.
Artigo 6º: As tarifas que se aplicarán son as seguintes:
a) Tractor (roza, uso de remolque con pluma e calquera traballo con tractor): 40,00 €/hora (corenta euros por hora).
b) Traballos pa mixta: 40,00 €/hora (corenta euros por hora).
c) Utilización de furgón: 30,00 €/hora (trinta euros por hora).
d) Roza manual: 15,00 €/hora (quince euros por hora).
e) Motoserras, traballos a nivel do chan: 15,00 €/hora (quince euros por hora).
Traballos en altura: 30,00 €/hora (trinta euros por hora).
f) Persoal que utilice material de limpeza (coitelas, fouciñas e outros): 12,00 €/hora (doce euros por hora).
g) Uso material auxiliar:
(coche motobomba: 30,00 €/hora (trinta euros por hora).
(coche:15,00 €/hora (quince euros por hora).
(coche con remolque: 25,00 €/hora (vinte e cinco euros por hora).
h) Maquinaria manual: 10,00 €/hora (dez euros por hora).
i) Uso de maquinaria alugada polo Concello: o seu custo máis gastos.
O prezo público cobrarase por fraccións de quince minutos.
Estarán exentos do pagamento do prezo público as persoas sen recursos económicos e patrimoniais, previa xustificación da súa necesidade, debendo aproba-la exención a Xunta de Goberno Local.
Artigo 7º: Todo usuario do servizo de maquinaria a que se refire esta ordenanza deberá solicitalo por escrito mediante o modelo oficial que se servirá nas oficinas municipais.
Exceptúase deste suposto os casos de execución subsidiaria polo Concello de Amoeiro.
O tempo mínimo polo que se poderá solicita-la utilización do servizo é dunha hora.
A petición presentada será resolta pola Alcaldía, segundo a urxencia do caso, mediante resolución que disporá a utilización do servizo de maquinaria, segundo a dispoñibilidade, sen que sexa obrigado acceder ó solicitado polo interesado. Nestes supostos o Concello resérvase a facultade de contrata-los servizos solicitados con empresa privada.
Acordada a prestación do servizo, este poderase suspender por razóns de interese público, o que se comunicará inmediatamente ó usuario e sen que este teña dereito a indemnización ou contraprestación de resarcimento ó seu favor.
Os operarios municipais encargados do manexo de vehículos emitirán un parte de traballo no que se especifiquen as horas empregadas no servizo que deberá asinar en proba de conformidade o beneficiario.
Artigo 8º: O modelo oficial de instancia recollerá entre outros datos: nome e apelidos do interesado, domicilio ou razón social, NIF ou CIF, denominación do predio, do lugar identificado en planimetría, paraxe e parroquia, superficie na que se actuará, tipo de maleza que se vai rozar, días solicitados, xornada de utilización prevista con indicación das horas estimadas para a prestación do servizo. Finalmente o interesado indicará se se trata de primeira utilización do servizo ou a súa prestación resulta en concepto de mantemento.
Artigo 9º: Logo de presta-lo servizo e practicada previamente a notificación da resolución, o interesado procederá inmediatamente a aboa-la liquidación practicada.
Artigo 10º: As cotas non satisfeitas faranse efectivas polo procedemento de constrinximento administrativo cando transcorreran oito días dende o remate da utilización do servizo.
Artigo 11º: Considéranse partidas nulas os créditos incobrables ou aquelas cotas que non se puideran facer efectivas polo procedemento de constrinximento. Esta declaración formalizarase mediante o oportuno expediente e de acordo co previsto no Regulamento xeral de recadación.
Artigo 12º: En todo o relativo a infraccións e ás súas distintas cualificacións, así como ás sancións que poidan corresponder e ó procedemento de sanción, haberá que aterse ó que dispón subsidiariamente a Lei xeral tributaria, todo isto sen prexuízo de cantas outras responsabilidades civís ou penais en que poidan concorre-los infractores.
Artigo 13º: As tarifas establecidas nesta ordenanza estarán vixentes para o exercicio 2007 e incrementaranse conforme co incremento do IPC de cada ano, sen prexuízo das variacións que poidan sufri-los impostos que sexan de aplicación.
Disposición final.- Esta ordenanza comezará a rexer dende o día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial da Provincia de Ourense e permanecerá vixente sen interrupción en tanto non se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.
Amoeiro, 6 de febreiro de 2009. O alcalde. A secretaria.